Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR SUMA DOUS NOVOS PUNTOS E ÁLZASE EN SOLITARIO AO LIDERATO




<

O BM.Culleredo Fisioterapia Benestar conquista unha nova vitoria e xa son 10 en 11 partidos si sumamos as conseguidas na primeira e segunda fase do campionato de Liga en categoría cadete feminina. Con esta regularidade, as cullerdenses lideran o grupo B da liga Prata, avantaxando en dous puntos ao seu rival de hoxe, o BM.Ribadosar.

Acudían as xogadoras do BM.Culleredo cun grupo mermado canto a número, véndose moi limitadas nos recambios na primeira liña. Tres xogadoras infantís, Aroa, Paula e Valentina, habituais co equipo cadete, sumaban coas súas compañeiras un total de nove compoñentes que afrontaban o difícil reto de imporse ás de Santiago co liderato en xogo.

Comezaron as visitantes expoñendo gran seriedade e contundencia na retagarda e nos primeiros compases conseguirían varios roubos de balón para establecer un 0-5 que abría un camiño idóneo para as de Culleredo. Aínda que o Ribadosar entraría máis tarde no encontro, no momento que o fixo poñería en serias dificultades ao seu rival, respondendo cun parcial de 3-0 e aumentando as súas prestacións na retagarda e no contraataque a medida que avanzaba o envite. Na retagarda, o BM. Culleredo Fisioterapia Benestar non era capaz de coordinar a actuación de postos lindeiros nos deslizamientos do pivote compostelá e retirábase no tempo de descanso cun marcador desfavorable pola mínima (12-11).

Nun segundo tempo igualado, o BM. Culleredo Fisioterapia Benestar tivo que traballar e de que forma para sumar os dous puntos, cerrando o encontro nos instantes finais con algunhas actuacións defensivas de mérito que lles outorga a vitoria e polo tanto, o liderato do grupo.

BM.Ribadosar: 20 (12+8). Enma Serrano, Lidia Sanda (1), Sabela Ferreiro, Alicia Pose (10), Carla Veiga (6), Coral Ruibal (3), Noelia Nogueira, Valeria Ninni.

BM.Fisioterapia Benestar: 23 (11+12). Aroa García (p), Carla Bello (9), Marina Rodríguez (5), Nadya Folgueira, Aitana Tasende (4), Irene Bermúdez (3), Carla Estravíz (2), Paula Peteiro, Valentina Martínez.

Colexiado: Christian García. Sen problemas.

Incidencias: 3ª xornada da liga Prata en categoría cadete feminina. O encontro disputouse no pavillón Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *