Saltar ao contido

COMEZAN AS LIGAS ALEVÍN É BENXAMÍN

MÁIS DE 70 NEN@S DO BALONMÁN CULLEREDO COMEZAN AS SÚAS LIGAS O VINDEIRO FIN DE SEMANA

O vindeiro sábado 27 de marzo comezan UN ANO DESPOIS da paralización por mor da COVID-19 as ligas de balonmán alevín (5° e 6° de primaria) e benxamín (3° e 4° de primaria). Os rapac@s levan xa dende o mes de setembro adestrando, adaptándose as distintas e cambiantes normativas, e agora chega o turno de disputar as ligas 2020-2021, por outro lado apaixoantes.


O clube Balonman Culleredo participa na categoría Alevín a balonmán 7 con CATRO equipos, o BM Culleredo Canedo, o BM Culleredo Opemat, o BM Culleredo Enerxíasolar.com e o BM Culleredo Femenino, sendo o clube de toda Galicia con maior número de equipos, dobrando en equipos os inmediatos perseguidores. Hai en Galicia un total de 37 equipos nesta categoría, dos que 12 son das provincias de A Coruña e Lugo, que se dividen en dous grupos de 6 equipos para a disputa da primeira fase da liga alevín BM7. O Culle participará con dous equipos en cada un dos grupos, completando os mesmos o BM Atlántico, BM Lucus, BM Lucencis, BM Línea 21, EM Abegondo (2 equipos) e EBM Xiria (2 equipos). 

A modalidade de disputa da primeira fase da liga e o sistema de todos contra todos a unha volta dentro de cada grupo. Logo, para a segunda fase ligueira, os dous primeiros de cada grupo participarán na liga Hummel, os terceiros e cuartos na liga CdeC e os quintos e sextos na liga Interrías. En sucesivas fases os rapaces terán que enfrontarse aos equipos integrantes dos grupos do sur de Galicia (Ourense e Pontevedra) para medir o nível do Balonmán Galego.

Nesta distinta tempada @s rapac@s Cullerdenses non puideron medir forzas no xa habitual torneo Globalmar en decembro, organizado pola AD Carballal, e onde se dan cita tódolos anos os millores equipos de Galicia, por mor da pandemia (o sensacional torneo non se puido celebrar), máis levan xa varios meses adestrando intensamente para demostrar que, a pesares da adversidade, el@s supérano todo practicando o deporte que máis lles enche. Abofé que disputarán unhas ligas apaixoantes.

O BM Culleredo Femenino opta a todo integrado totalmente por nenas
O BM Culleredo Enerxiasolar.com xoga a un gran ritmo
O BM Culleredo Canedo, coa súa garra característica
O BM Culleredo Opemat loita tódolos partidos ate o final

O BALONMÁN BENXAMÍN TAMÉN COMEZA

E non podía ser doutro xeito. Os case 40 rapac@s benxamíns do Culle, das escolas de Tarrio, Vilaboa e O Burgo, tamén comezarán na vindeira semana a liga de balonmán a 5. Nesta categoría o Culle presenta nada máis e nada menos que CINCO equipos (total de 17 en A Coruña +Lugo e de 48 en toda Galicia), sendo con diferencia o clube de Galicia con maior número de equipos na categoría.

Os Benxamíns do Culle adestran duramente cada semana para poder disputar partidos
Xornada formativa Benxamin-Prebenxamin no berce do Balonmán Cullerdés, no pavillón de Tarrío

Disputarán a liga bm5 divididos en grupos de catro equipos (dous equipos do Culle no grupo A, outros dous no grupo B e outro máis no grupo C). O BM Culleredo Tarrío, o BM Culleredo Seoane e Freire, o BM Culleredo Mármoles Rajú, o BM Culleredo Despreocupate.es e o BM Culleredo Cristalería Gestal (equipo enteiramente femenino) xogarán a balonmán a 5 primeiro contra equipos da provincia de A Coruña e Lugo en distintas fases (participan tamén EM Abegondo, EBM Xiria, Línea 21, BM Atlántico, Arteixo BM, BM Lucencis, BM Brigantium e BM Pontedeume), para rematar xa en xuño coas "final four" a nivel Galego.

De seguro que serán unhas xornadas intensas para liberar toda esa forza que os rapac@s almacenan logo de estar parados durante un ano.

A dispersion no xogo, clave no minibalonmán, e máis aínda no momento actual

Xa nos adestramentos dende setembro había gañas de disputar partidos, e agora por fin chegan os tan ansiados (e merecidos) partidos.

Pouco a pouco, e con moito tino, vaise recuperando o balonmán (e o deporte en xeral) deste nefasto ano, poñendo de manifesto que o deporte pode con todo e que #obalonmáneseguro.

#voltamosaspistas #forzaCulle

Queremos aproveitar a ocasión para, en nome de tódol@s rapac@s, agradecerlle tanto aos clubes deportivos Galegos, coma a federación Galega de Balonmán, todo ese traballo moitas veces non visible (nin agradecido) para poder voltar a disputa dos partidos dun xeito seguro e responsable. #xuntospodemos

VÉMONOS NAS PISTAS!!

Clube Balonmán Culleredo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *