Saltar ao contido

DOUS DE DOUS

O Balonmano Culleredo Canosa Abogacía continúa cunha nova vitoria na casa contra o C.P. Lucus.

Un comezo de xogo algo accidentado nos primeiros minutos coa defensa 3: 3 de ambos equipos fixo que as lucenses abrisen o marcador. Co 0-2, as nosas abriron o marcador e consecutivamente foron sumando goles, poñéndose por diante ata o final do partido.

Unha primeira parte destacada polo intercambio de goles. O Culle vai o descanso gañando por 5 pero era hora de coller folgos e esbozar pequenos detalles para continuar con esa vantaxe.

Ao comezo da segunda parte, a vantaxe aumenta ao vivir os mellores minutos do xogo cun ritmo vivo cheo de contragolpes e accións individuais de 1x1 obrigando ao equipo rival a solicitar un tempo morto.

Lucus reacciona e atopa un oco no extremo esquerdo e sen tempo para ter unha boa acción defensiva, a xogadora lucense séntese imparable e obríganos a solicitar un tempo morto para romper a ofensiva do equipo contrario.

O ataque posicional gañou protagonismo esta vez sen apenas xogadas marcadas, con simples accións de penetración dende lonxe e o pase e vai cun pivote que está a dar moi bos resultados ao noso equipo.

Agardábase un partido de rivalidade igualado polos resultados obtidos en partidos anteriores.

Seguimos con boas impresións no terreo de xogo

A próxima cita en menos de 24 horas, mañá domingo 21 ás 10 en Novo Mesoiro contra o BM: Brigantium.

Balonmano Culleredo Abogacía Canosa 25 (13+12): Sofía González Romero (4), Carla Muíño Cancela (4), Lucía Inés Cortegoso Rey (2), Tirsa Suárez Gil (1), Aroa Barbeito Casas, Leire Barbeito Casas (2), María Bescansa Alcoba (3), Paula Peteiro Vázquez, Lucía Martínez Labrador (1), Alba Pedreira López (2), Valentina Martínez Fiuza (3), Aroa García Pena (3), Carla Corral Quian, Antía Ferreño Fernández

CP Lucus 20 (8+12): María López Bello (1), Carla Bouza López (1), Ángela Gavela Fernández (1), Nahomy Eunice Argueta Gonzales (4), Ángela Mera Vázquez, Iria María Amedo López (12), Nuria Díaz Muguerza (1), Ada Barreiro Pulpeiro, Aya Aferdad Bougrine, Laura Vázquez Rodriguez

Parciais cada 5´: 6-4/8-5/11-6/13-8 Descanso : 17-11/20-13/22-14/25-20 Final

Árbitros: Pablo Torreiro Barros, Lucía Sánchez Toimil

Incidencias: xornada 2ª da segunda fase Liga de Prata grupo C celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras en Culleredo. Sen público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *