Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VENCE A DOMICILIO NA LIGA OURO

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros conseguíu unha nova vitoria na liga ouro, esta vez na sempre difícil pista do Gatañal (Cangas Do Morrazo).

Non foi un partido fácil e os cullerdenses mostraron moitos altibaixos ao longo do mesmo, sobre todo en tarefas defensivas, onde nunca atoparon a regularidade desexable.

A primeira parte foi igualada e aínda que o BM. Culleredo Indutec Ingenieros dominou o marcador e todos os parciais deste trinta minutos, as diferenzas non pasaron do tres goles, reducíndose á mínima expresión no tempo de descanso (16-17). A defensa 6:0 non estaba a producir efecto: a pouca contundencia no contacto, a ausencia do mesmo nas zonas exteriores e a descoordinación nos cambios de opoñente, castigaban con 16 goles en contra ao equipo visitante.

Reiniciábase o envite no seu segundo tempo e o BM.Culleredo Indutec Ingenieros, agora cun sistema defensivo 5:1, comezaba a recuperar balóns e a ampliar as diferenzas ao contragolpe. No meridiano deste acto a diferenza aumentaba ata os nove goles (34-25) e o partido estaba virtualmente finiquitado. De calquera forma, non había lugar á relaxación, os locais non cejaban no seu encomiable espírito competitivo e o conxunto de Culleredo debía de manter a concentración para evitar sorpresas. O encontro afrontaba a súa recta final e os rojillos agora gozarían de certa tranquilidade mantendo as distancias e sumando outros dous importantes puntos á súa marcadora que os manteñen invictos nesta atípica tempada.

Talleres Lontreira BM.Cangas: 33 (16+17). Hugo Portas (5), Lucas Jiménez, Alejandro P. Juárez, Mauro Sotelo (6), Eloy Pérez (11), Antonio Rodal, Borja Fdez (1), Gabriel Miranda, Hector Da Cunha (4), Alexandre Dovhanyk (2), Eloy Domínguez (4).

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 41 (17+24). Iván (P), Iago Bescansa (2), Xoel Insua, Marcos Regueiro, Lucas Sánchez, Adrián Pestonit (1), Nicolás Vázquez, Shaiel Costa, Nuno Loxo(12), Senén Garea (4), Álvaro Dieguez (2), Teo Calvo (1), Diego Del Río (1), Juanfran Pazos (2), Pablo Fariña (5), Samuel Seijas (11).

Parciais cada 5´: 2-3 / 6-7 / 9-10 / 9-12 / 12-15 / 16-17 /Descanso/ 19-22 / 25-30 / 25-34 / 29-37 / 30-38 / 33-41 / Final.

Colexiados: Marcos Pérez e Ignacio Álvarez. Fixeron un bo arbitraxe.

Incidencias: 2ª xornada da liga Ouro, Encontro disputado no pavillón O Gatañal de Cangas Do Morrazo.

Fotos do partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *