Saltar ao contido

OS MÁIS PEQUENOS DO BM.CULLEREDO DEMOSTRAN QUE HAI FUTURO

O pasado fin de semana celebrouse unha actividade balonmanística desas que nos fan máis ilusión e é que durante toda a mañá do Sábado e Domingo, prebenxamíns, benxamíns e alevíns, acudiron ao pavillón de Tarrío para gozar con partidos de Minibalonmán do deporte que tanto apaixona a estes pequenos e pequenas.

A pesar do momento de restricións que sufrimos o COVID-19, diversos familiares puideron seguir en directo a evolución destes pequenos deportistas, sempre, por suposto, seguindo as normas de aforo permitido, distancia social e demais pautas englobadas dentro do protocolo Fisicovid DXT Galego. Era unha excelente noticia, xa que por primeira vez durante esta tempada mamás, papás e demáis achegados, podían ver aos seus fillos e fillas gozar do balonmán.

O Sábado foi o turno para prebenxamíns e benxamíns. Os máis pequenos e pequenas das escolas de Tarrío, O Burgo e Vilaboa, deronse cita no municipal de Tarrío e fixeron as delicias dos seus familiares e máis dos monitores e monitoras alí presentes, cheos de orgullo e ledicia pola ilusión que irradiaban todos os rapaces e rapazas. O Domingo, protagonismo para os e as alevíns, que nun número total de 35 deron mostra de ter xa moitos conceptos balonmanísticos adquiridos e deixaron boquiabertos a máis de un ca sua capacidade para entender o xogo.

Boa xornada por tanto que se estendeu desde as 10:00h ata as 13:00h cun total de 51 deportistas o sábado e 35 o Domingo tanto nenas como nenos divididos na categoría prebenxamín, benxamín (Sábado) e alevín (Domingo) e que demostraron sobradamente que o BM.Culleredo conta cun nutrido grupo de futuros talentos.

Algunhas fotos da xornada do sábado cos/cas máis pequenos/as:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *