Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO TÉCNICOS 115 A PIQUES DE CONSEGUIR O “IMPOSIBLE” ANTE O CISNE COLEGIO LOS SAUCES

O BM. Culleredo Técnicos 115 recibía este Domingo ao Cisne Colegio Los Sauces, un equipo que, salvando as diferenzas de categoría, vén sendo na liga galega o que o FC. Barcelona na Asobal, un conxunto coas posibilidades para atraer e fichar aos mellores xogadores de Galicia e con maior proxección. Nos últimos anos, o equipo da cidade do Lerez domina con puño de ferro a competición autonómica, mostrando unhas diferenzas máis que notables con respecto aos seus rivais. Tendo en conta estes antecedentes e o inmenso potencial do conxunto pontevedrés, ninguén apostaría por uns mozos de Culleredo moi lonxe dos focos mediáticos do seu rival de hoxe e ofrecerían a todo ou nada a unha ampla vitoria por parte dos visitantes. Por sorte, no deporte, suman e conta moitas variables e intanxibles, unhas incontrolables e outras que se poden e deben de controlar e cando conflúen todas elas pode haber apostas que parecen certeiras que se tornen en grandes e gratas sorpresas, como a que apunto estivo de producirse hoxe no polideportivo de Almeiras.

O BM. Culleredo Técnicos 115 dispuxo un plan claro e diáfano para este encontro, un plan traballado e adestrado durante a semana para competir e “perder o respecto competitivo” ante un rival de enxunlla. O primeiro paso estaba dado e o máis importante, a crenza dos xogadores no que ían levar a cabo, tamén. Así, os de Culleredo competiron con intelixencia, concentración, disciplina táctica e entrega para poñer contra as cordas ao conxunto pontevedrés e ceder tan só nos últimos instantes por un marcador axustado.

Naqueles intanxibles dos que falabamos, Carlos Álvarez, xogador internacional do Cisne Colegio Los Sauces, era excluído do partido con tarxeta vermella nos primeiros minutos por impactar un lanzamento de 7m na cabeza do porteiro local Jorge. Un xogador dos máis destacados causaba baixa no conxunto visitante e a imposibilidade inicial, parecía aínda máis real e posible........só había que continuar crendo.

Con diferentes variantes en ataque, que ían do xogo en 3:3 ao 2:4, pasando polo 7x6 ou o 6x6 sen porteiro, o BM Culleredo Técnicos 115 metíase de cheo no partido e, a medida que os minutos ían avanzando, o convencemento aumentaba exponencialmente......As paixóns e as ilusións estaban no punto álxido, enmarcados nunha retagarda intensa que traballaba xenerosamente en alianza co seu porteiro Jorge, cuxa actuación raiaba a gran nivel. O 10-11 ao descanso non deixaba lugar a dúbidas, os cullerdenses ían traballar ata o final por unha vitoria que agora se vía posible. 

Nun segundo acto igualado e no que os locais chegarían a poñerse por diante, as decisións finais foron as que tiveron transcendencia no marcador final, uns últimos minutos onde os xogadores do Cisne Colegio Los Sauces estiveron máis acertados para levar os dous puntos en xogo e deixar nos do BM.Culleredo unha gran dose de orgullo e satisfación polo traballo realizado a pesar da tristura pola imposibilidade de sacar algo positivo a nivel clasificatorio despois de semellante e meritorio esforzo.

BM.Culleredo Técnicos 115: 20 (10+10). Jorge López (P), Oscar Bello (p), Brais Pérez (2), Xoel Garrido, Martín Ínsua (5), Pablo Gómez (4), Guillermo Briones, Daniel Del Río, Iago Chao, Mateo Díaz (1), Guillermo Seijo, Adrián Díaz (2), Nuno Loxo (6), Senén Garea, Francisco García.

Cisne Colegio Los Sauces: 22 (11+11). Eduardo Costa, Javier Sierra (1), Mario González, Carlos Álvarez (1), Rafael Logroño, José Cerqueiro, Enrique Domínguez (6), Román Arboleya (1), Miguel Pérez, Rubén Sequeiros (1), André De Moura (10), Diego López, Daniel Virulegio (2).

Parciais cada 5´: 2-3 / 3-6 / 5-6 / 6-7 / 7-9 / 10-11 /Descanso/ 14-14 / 15-15 / 18-20 / 18-21 / 19-21 / 20-22 / Final.

Colexiados: Christian García e Pablo Barreiro. Sen complicacións.

Incidencias: Partido correspondente a 2ª xornada do grupo B da liga Ouro xuvenil masculina, disputado polo BM.Culleredo Indutec Ingenieros e o Cisne Colegio Los Sauces no pavillón de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *