Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS IMPONSE NO PRIMEIRO ENCONTRO DA LIGA OURO

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros, completou un encontro con dous partes ben diferenciadas e impúxose á ATL. Novás para entrar pola porta grande no inicio da liga Ouro e sumar os dous primeiros puntos.

Prevíase un partido onde sería difícil atopar o ritmo competitivo, sobre todo nos inicios e despois de máis dun mes de parón debido ás restricións COVID-19. A pesar diso, os cullerdenses entraron dunha forma máis que aceptable no envite e marcaron unha liña regular no xogo que iría crecendo ao longo dos primeiros trinta minutos. Esta regularidade, a concentración, a ausencia de erros e o bo facer de Javi na portería, así como o acerto nos lanzamentos, serían argumentos máis que suficientes para que os locais conseguisen unha ampla renda ao descanso (20-11) e canalizasen o camiño dunha posible vitoria.

No comezo do segundo acto con todo, uns minutos de incertidume, descoidos e falta de tensión competitiva, foron aproveitados polos do Rosal para conseguir un 0-4 de parcial e achegarse no marcador (20-15). O técnico local víase na obriga de solicitar o seu primeiro tempo morto e é que si as diferenzas no electrónico aínda eran cómodas, as sensacións no xogo mudaran nunha clara liña descendente.

Sen grandes alardes nos últimos vinte minutos, o Indutec Ingenieros gañou en concentración, rebaixou o número de erros e cerrou filas contorna á súa portería, agora defendida por Iván. A mellor selección no lanzamento fixo o resto para que os locais volvesen ampliar distancias e rematasen o partido con ese resultado final de 31-19, que lles outorga os dous puntos en xogo.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 31 (20+11). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (2), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro (3), Lucas Sánchez, Nicolás Vázquez (1), Shaiel Costa (1), Nuno Loxo (6), Senén Garea (4), Álvaro Dieguez, Teo Calvo, Samuel Seijas (7), Diego Del Río (2), Juanfran Pazos (1), Pablo Fariña (4).

Acanor Atl. Novás: 19 (11+8). Martín Domínguez, Alonso Martínez, Hugo Brandón (3), Pablo Carrera (1), Mario Bento (3), Marcos Álvarez (5), Breixo Domínguez (1), Martín Giraldez (5), Alex Cobos (1), Antón Piñeiro.

Parciais cada 5´: 3-1 / 6-5 / 9-5 / 13-8 / 16-9 / 20-11 /Descanso/ 20-14 / 21-16 / 24-16 / 26-18 / 29-18 / 31-19 / Final.

Colexiado: Christian García e Pablo Barreiro. Sen complicacións.

Incidencias: 1ª xornada da liga Ouro (Grupo B) en categoría cadete masculino disputada no pavillón de Almeiras, aínda que sen público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *