Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RAFERGAL SOLVENTA CON AUTORIDADE O PRIMEIRO PARTIDO DA SEGUNDA FASE

O pasado sábado, o BM. Culleredo Rafergal recibía ao Balonmán Chapela en Almeiras. Despois de varias semanas inactivas por mor da pandemia COVID-19, as cullerdenses volvían á competición e o gran interrogante era saber en que estado de forma íanse a atopar no inicio desta segunda fase. O listón estaba alto, xa que as rojillas terminaran de forma sobresainte a súa participación na primeira parte da competición, completando un último mes cun crecemento no xogo evidente e sumando todos os seus enfrontamentos por vitorias.

Desde os primeiros minutos do partido ante as de Chapela, o conxunto local demostrou que nada do aprendido caera en saco roto e aínda que despois de tanto tempo sen competir o ritmo non podía ser o mesmo, as solucións tácticas e as ideas marcadas no modelo de xogo, seguían realizándose con pleno sentido do que se estaba levando a cabo e o porque. A concentración do equipo foi realmente boa para imporse en todas as fases do xogo e non dar opcións no electrónico ao Balonmán Chapela. Os éxitos da retagarda transformábanse en contragolpes que perforaban a meta rival e a continuidade no posicional ofrecía múltiples solucións ás xogadoras de Culleredo. Practicamente sen perdas nin erros que destacar, as locais cerraban virtualmente o encontro no tempo de descanso cun contundente 24-4.

A participación de todo o equipo estaba a axudar a manter un ritmo regular no xogo e só quedaba referendar as boas sensacións nun segundo acto sen fisuras nin confianzas. Trinta minutos, os segundos e últimos da contenda, onde o BM. Culleredo Rafergal mantivo a disciplina e a seriedade para asinar unha ampla vitoria e sumar os dous primeiros puntos desta segunda fase.

Celebrar a volta á competición da xogadora local Adriana Antonio, que sufríu unha fractura nasal hai uns meses, así como a participación activa das xogadoras cadetes que seguen sumando e colaborando positivamente nunha categoría superior á súa.

BM.Culleredo Rafergal: 47 (24+23). Diana Dozo (p), Marina Rodríguez, Aitana Tasende, Adriana Antonio (2), Irene Bermúdez (1), Anheliz A. Alexander (7), Lucía Ponte (2), Paula Valderrabano (8), Candela Puga (5), Carla Estravíz (1), Adela Areoso (3), Lucía Sánchez (6), Carlota Rodríguez (6), Marta Valderrabano (6).

Balonmán Chapela: 6 (4+2). María Silva, María Sio, Sara Cabaleiro (1), Anhinoa González, Carmen Castro, Africa Domato, Ainara Gabian, Aroa Figueira, Lucía Cusi (2).

Parciais cada 5´: 5-0 / 10-1 / 14-1 / 17-3 / 20-4 / 24-4 / Descanso / 25-4 / 32-4 / 36-5 / 39-6 / 44-6 / 47-6/ Final.

Colexiado: Oscar Fdez Rodríguez. Sen problemas.

Incidencias: 1ª xornada da liga Prata en categoría xuvenil feminina. O encontro disputouse no pavillón de Almerias, ainda que sen público por mor das restriccións pola pandemia COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *