Saltar ao contido

Previa da xornada!

(Cadete masc.) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VS ACANOR NOVÁS VALINOX

Volve o BM. Culleredo Indutec Ingenieros á competición e farao para participar na liga Ouro da categoría cadete masculino. Neste primeiro encontro, os cadetes de Culleredo reciben ao At Novás Valinox, conxunto do Rosal que con certeza non poñerá as cousas nada fáciles aos rojillos. Os mozos do Indutec Ingenieros esperan ofrecer a súa mellor versión, apoiándose nunha retagarda firme e contundente e evitando o excesivo número de perdas de balón que poidan dar certas facilidades ao seu rival. O encontro celebrarase no polideportivo de Almeiras o sábado ás 16:30.

(Xuvenil fem.) BM CULLEREDO RAFERGAL VS BM CHAPELA

O BM. Culleredo Rafergal, reinicia a competición este próximo sábado despois do obrigado parón das diferentes actividades deportivas federadas decretado pola Xunta de Galicia e como consecuencia da pandemia COVID-19. As Cullerdenses inician esta segunda andaina na competición exercendo de locais no pavillón de Almeiras e recibindo ao Balonmán Chapela de Redondela. As rapazas do BM. Culleredo Rafergal, que se atopaban nunha excelente dinámica de xogo antes de producirse a parada da competición, parten coa ilusión de retomar a liga nesa boa liña e comezar realizando un gran partido para sumar os dous primeiros puntos no comezo desta segunda fase. O encontro dará comezo ás 12:00h.

(Xuvenil masc.) BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES

Despois da importante vitoria conseguida en Tui na primeira xornada da liga Ouro, o BM. Culleredo Técnicos 115 retoma a competición como local nesta segunda data e coa incertidume de como afectaría o mes de parón propiciado pola pandemia COVID-19. O rival, de enxunlla, o Cisne Colegio Los Sauces, visitará Almeiras o Domingo ás 12:00 coa intención de impor a superioridade que se lle presupón a practicamente a totalidade de conxuntos galegos. Pola súa banda, os culleredenses, deben de trazar un plan claro e levalo a cabo de forma eficaz en todas as fases do xogo, perdendo toda tímidez de competir contra un rival destas características e gañando en ousadía para enfrontar e completar un encontro do que sentirse orgullosos.

(Senior masc) BALONMÁN CULLEREDO VS ACANOR ATL. NOVÁS VALINOX “B”

O equipo senior masculino volve á competición o sábado ás 19:00 no Municipal de Almeiras, primeira xornada correspondente á Fase Segunda (Grupo polo tÍtulo de Liga) e na que nos enfrontamos ao Acanor Novas Valinox B. Despois de tantas semanas sen adestramentos e competición o equipo que chegue en mellor forma física e encontre antes boas sensacións no 40 x20 será o que poida acadala victoria con máis facilidade. O importante é que o Balonman está de volta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *