Reunión extraordinaria da Xunta Directiva no 23-01-2021
A continuación comunicámosvos as decisións da xunta directiva do clube Balonmán Culleredo relativas as medidas especiais de restriccións de contactos sociais e paralizacións do deporte federado por parte da Xuna te Galicia con motivo da actual pandemia.
-Tódalas ligas e competicións, así coma a actividade diaria deportiva do clube está actualmente PARALIZADA, e así o estará tamén a vindeira semana, dende o luns 25 ate o domingo 31 de xaneiro, nun exercicio de responsabilidade social, seguindo os consello das autoridades sanitarias galegas de minimizar no posible os contactos sociais e realizar soamente as actividades diarias imprescindibles.
-A partires do LUNS 1 de Febreiro, as categorías Xuvenil, Cadete, infantil e Alevín, en tódalas súas modalidades, masculinas e femeninas, iniciarán adestramentos especiais adaptados a normativa vixente (actualmente adestramentos en grupos de 4 persoas sen contacto, máximo 12 persoas no pavillón). Para os rapc@s de fora do Concello de Culleredo plantexaránselles adestramentos a distancia e incluso algunha posibilidade presencial aínda non definida. Para unha boa programacion sobre os adestramentos en grupos de 4 pedímosvos que enchades o seguinte formulario sobre as franxas horarias de adestramento. En principio as franxas horarias de 16:00-18:00 son para infantis e alevíns, e as de 18:00-20:00 para cadete e xuvenil, PERO se alguén ten clases particulares en determinados días pregamos que nolo fagan saber a traves do formulario. (Contamos xa que os infantis, cadetes e xuvenis teñen clase no isntituto os luns pola tarde). FORMULARIO ONLINE
-As categorías Biberón, Prebenxamín e Benxamín paralizan a súa actividade ate o luns 22 de Febreiro nun principio, en aras de contribuir a minimización dos efectos da pandemia na educación infantil e primaria. Esta data pode sufrir variacións en función das normativas vixentes en cada momento, podendo adiantarse ou adiarse a incorporación. De tódolos xeitos enviaremos información ao respecto no momento preciso.
-O equipo Séniror Masculino paraliza a súa actividade, coltando aos adestramentos a distancia.
A día de hoxe non temos datas para retomar os adestramentos tal e como se estaban a facer, máis agardamos que nas vindeiras semanas poidamos comunicar con maior precisión a data da volta aos adestramentos grupais nas pistas.
Pedímosvos unha vez máis que fagamos entre todos un esforzo no cumprimento das nomartivas vixentes de distanciamento social, uso de máscara cubreboca e máis lavado frecuente de mans.
Xuntos poderemos!!. Forza CULLE!!
CULLEREDO, 24-01-2021
A Xunta Directiva