Saltar ao contido

Reparto de puntos nun partido con moitas alternativas

O equipo senior visitaba a pista do Asmubal Meaño para xogar o partido aprazado da 2° xornada por mor das condicións de humidade  do Coiron Arena.
Esperábase un bo partido entre 2 equipos que loitan  por gañar o campeonato e asi foi o que se viviu hoxe no 40x20.
Durante toda a 1° parte o noso equipo dominou o marcador e chegou a coller vantaxes de 2 e 3 goles , pero rápidamente o equipo local volvía a acercarse e recortar distancias.O xogo co dobre  pivote do conxunto  local facia moito dano  conseguindo goles fáciles e provocando numerosas exclusions.chegouse ao descanso cun gol de vantaxe para o noso equipo, pouco premio para o bo xogo que mostrou o equipo nos primeros 30 minutos.
Na segunda metade , a tónica foi distinta e os de Meaño puxeronse por enriba  no marcador nos primeiros  minutos.   Chegamos e empatar o partido a falta de 7 minutos para o final pero 2 erros de lanzamento en contraataque e 2 perdas de balón non nos permitiron poñernos por enriba.A falta de 1 minuto e cun gol abaixo ,tras unha boa defensa ,empatamos gracias a un gol de contraaque directo.
Empate xusto nun partido que puido vencer cualquera  dos equipos.

Asmubal Meaño ( 15 + 18):Ignacio (5),Alvaro,Pablo Piñeiro (1),Carlos (6),Juan (3),Mario,Ivan(6),Brais,Pablo Garrido (6),Sergio,Rodrigo(4),José Luis (2),David

Balonman Culleredo( 16+17): Antonio,Miguel(8),IagoFranco(3),Daniel,Rökkvi,Marcos(5),Angel(1),Martín,Alvaro(2),Iago Ferreiro(6),Diego(2),Dario(1),Aresio (5)

Parciales cada 5 minutos: 2-3/3-4/6-7/9-11/13-14/15-16/18-18/22-21/23-23/26-26/30-29/33-33

COLEXIADOS : Cesar Díaz y Marcos Pérez.Non influiron no resultado. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *