
Xa en pleno 2021 e mentras unha parte dos nosos equipos rematou a súa competición, a outra parte dos nosos equipos seguen a competir para finalizar a 1ª fase das súas respectivas ligas. Esta fin de semana teremos a 3 equipos competindo en encontros de máxima intensidade contra rivais moi próximos na competición!
(Cadete Fem) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BM RIBADOSAR
Esta fin de semana volve o balonmán a Almeiras. As nosas cadetes debutan neste 2021 enfrontándose ao Ribadosar de Santiago.
Promete ser un partido moi competido, dada a pouca diferenza que existe na puntuación na clasificación.
O partido xogarase este domingo ás 11:00 en Almeiras!
(Xuvenil Masc) BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 VS OAR CIUDAD
O Técnicos 115 afronta esta fin de semana unha final ante o OAR da Coruña. Os dous conxuntos, empatados a puntos na clasificación e que tamén finiquitaran o partido que lles enfrontou no pavillón de San Francisco Javier en táboas, asumirán un duelo no que só pode saír un vencedor. O pavillón de Almeiras será testemuña desta interesante confrontación o sábado ás 11:00, onde os cullerdenses deberán mellorar as súas prestacións en todas as fases do xogo e ser máis regulares para conseguir a tan ansiada segunda praza do grupo.
(Senior Masc) AQUITANIA ASMUBAL MEAÑO VS BALONMÁN CULLEREDO
O nosos senior viaxan a Meaño para desputalo partido aprazado correspondente á 2ª xornada ligueira. Os do Meaño marchan líderes na clasificación e están invictos, os cullerdenses traballaron ben durante o parón de Nadal e van a pelexar para intentar conseguila victoria. De seguro que se verá un bo partido de balonmán este sábado ás 17:00 no Coirón Arena de Meaño!