Saltar ao contido

Sufrida victoria en Santiago do xuvenil Bermúdez Ulloa.

Este martes 5 de xaneiro, os nosos xuvenís do `Bermúdez Ulloa desprazaronse a Santiago a desputar o partido de volta ante o Bm Ribadosar, encontro correspondente a xornada aprazada de fai tres semanas.

Os nosos entraban moi frios no encontro, e non só polo frío do pavillón, a intensidade defensiva non era quen de frear as envestidas do equipo rival, nós, nunha defensa 6.0 bastante aberta, con moita amplitude e disuasión dos nosos defensores laterais, provocaba desequilibrios e espacios cómodos para o equipo rival, o cal non os desaproveitaba. O noso ataque non acababa de sentirse a gusto, numerosas perdas de balón e fallos de lanzamento, acompañáronnos todo o encontro, pero máis notables foron na primeira parte. Así é todo, ao final da primeira parte e cun tempo morto pedido polo noso adetrador para axustar todos os erros, os nosos a remataban con tres goles de desvantaxe.

A tónica da segunda parte foi similar, seguiamos fríos e con pouca intensidade, a nosa defensa seguía facendo augas. Despois doutro tempo morto, os nosos parecían que íanse centrando. Facendo unha defensa mixta ao máximo expoñente do equipo rival, recuperabamos balones rápidos que remataban facilmente en gol, conseguindo no minuto 50' poñernos dous arriba. Conseguimos manter esta diferenza ata o final, así o encontro remataba, 20-22 a favor dos nosos.

Toca facer reflexión e pensar nos erros cometidos, para así enfrontar o seguinte encontro coas ideas máis claras e con máis forzas.

FORZA CULLE!!!!!!!!!!!

Bm Ribadosar 20 - 22 Bm Culleredo Bermúdez Ulloa

PARCIAIS

5' 1-2/ 10' 3-4/ 15' 5-5/ 20' 9-6/ 25' 12-7/ 30' 13-10/ 35' 13-11/ 40' 14-12/ 45' 15-14/ 50' 16-18/ 55' 18-19/ 60' 20-22.

XOGADORES

Asel Cambon 8 goles

Iago Gerpe

Guille Puga

Guille Briones 3 goles

Iago Chao 3 goles

Diego Almeida 1 gol

Álvaro del Busto

Gonzalo Palleiro 5 goles

Guillem Gambau

Oscar Bello

Iago Bescansa 1 gol

Pablo Fariña

Shaiel Acosta 1 gol

ARBITROS

Henrique Folgoso e Iván Hernández. Boa actuación desta xoven parella arbitral, nun encontro intenso pero sen complicacións.

INCIDENCIAS

Xornada 5 da liga, encontro aprazado. Sen publico por mor das restriccións sanitarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *