Saltar ao contido

Victoria e boas sensacións do equipo senior para comenzar o 2021

Bm Camariñas Conservas Boya- Balonman Culleredo

Partido que fora aprazado por motivos Covid e que se disputou netas datas aproveitando o parón do Nadal.
Comenzaba o encontro cun intercambio de goles continuo no que os ataques superaban con moita facilidades as defensas ( 9-9 , no minuto 15 ) . O equipo reaccionou, impuxo una defensa intensa e presionante que provocaba roubos de balón que nos permitiron correr e conseguir goles con facilidade.
Chegouse o descanso cunha clara diferencia de 9 goles .
Na segunda metade os xogadores cullerdenses seguiron marcando un alto ritmo de xogo tanto en defensa como en ataque , o equipo camariñan moi curto de efectivos non puido plantar cara na segunda metade e as diferenzas aumentaron no marcador ata chegar os 20 goles no remate do encontro.

Bm Canariñas Conservas Boya ( 10+8): Cibran(1), José Manuel(3),Joaquin(2),Anxo(5),Cesar,Bieito(1),Manuel(5),Abel,Xabier (1)

Balonman Culleredo( 18+20): Antonio,Javier(3),Miguel(9),IagoFranco(5),Daniel,Adrian(1),Rökkvi,Marcos(5),Angel(2),Martín,Alvaro(1),Iago Ferreiro(6),Diego(1),Dario(3),Aresio (2)

Parciales cada 5 minutos: 3-3/6-6/9-9/9-15/9-16/10-18/11-22/13-26/14-30/14-33/16-35/18-38


COLEXIADOS : José Henrique Folgoso e Gabriel Folgoso. Partido tranquilo para os colexiados que solucionaron sen problemas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *