Saltar ao contido

O RAFERGAL CADETE FEMININA ÁLZASE CUNHA NOVA VICTORIA

Un equipo ben consolidado que traballa pouco a pouco e obtén os seus froitos, ese é Rafergal. Entrando no partido dende os primeiros minutos conseguiron adiantarse de inmediato no marcador ata o asubío final.

Unha gran primeira parte do Bm Culleredo practicamente resolveu o partido cun marcador favorable de 15-3.

Pola contra, na segunda parte caracterizada por unha relaxación excesiva do equipo local, o Lucense seguiu motivado pola súa loita por achegarse no marcador, isto provocou que O Culle rematase o partido con sensacións contraditorias sobre o seu xogo. Intencións de poñer en práctica accións tácticas que practican durante o adestramento con algunhas imprecisións de pase e lanzamento que fixeron que o marcador non fose máis voluminoso.

Unha nova vitoria que achega así ó equipo os postos superiores da táboa clasificatoria.

BM Culleredo rafergal 21 (15+6) : Carla Bello(7), Marina Rodriguez(2), Aitana Tasende, Carlota Rodríguez(11), Irene Bermúdez(1), Carla Estraviz e as alevíns Paula Peteiro, Valentina Martínez, Aroa García (P), Sofía González

C.P..Lucense 6 (3+3): Alba Corral, Carlota rielo(4), Iria Ruiz(1), Carla Ferreiro, Carla Bouza, Nahomy Eunice, Sheila Vázquez, Jennifer Soto, Antía Vázquez(1), Leyre González, Adriana Fernández, Laura Cabanas, Anne Ziyan, Mara Lorenzo

Parciais cada 5´:1-1/3-1/6-2/10-2/12-3/15-3 Descanso 18-4/18-4/19-5/19-5/21-5/21-6 Final

Árbitros: Iván Hernández Couto e Lucía Rodríguez López

Incidencias: xornada adiantadado grupo 4 da categoría cadete feminino celebrado no Pavillón de Almeiras en Culleredo. Sen público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *