Saltar ao contido

Mario Crecente e Miguel Casal, participarán no All Star da Federación Galega

Mario Crecente e Miguel Casal, xogadores do equipo de 1ª autonómica do BM.Culleredo, participarán o próximo día 26 no All Star mixto da Federación Galega de balonmán, onde se darán cita os e as mellores xogadoras da primeira categoría autonómica.
O evento, que dará comezo ás 18:20 no pavillón da Casqueira (Pontedeume), servirá para despedir este ano complicado e terá como obxectivo fundamental colaborar con Cáritas Pontedeume no que será un acto benéfico.
O protocolo a seguir será exhaustivo e así, todos os participantes pasarán un test de antíxenos o mesmo día na orixe. Os desprazamentos levaránse a cabo coas precaucións recomendadas polas autoridades sanitarias e por iso fretaranse unha serie de autobuses. Toda a actividade realizarase coa máscara oficial da FGBM, ademáis de desinfectar cada espazo de forma periódica.
O evento xorde como un espectáculo de distintas probas, onde non faltarán os lanzamentos, o concurso de 7m, o de habilidade e, como colofón, o partido All Star mixto. En definitiva, un espectáculo de luz e cor que será retransmitido pola canle Youtube da FGBM e onde participarán Mario e Miguel, dous dos nosos excelentes xogadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *