Saltar ao contido

DOUS PUNTOS IMPORTANTES FUGAN A TERRAS LUGUESAS

Despois de varias xornadas invictas, as cullerenses non puideron facer nada e cederon dous puntos nun incómodo encontro dende o principio.

En menos de 7 días estes dous equipos volvéronse a atopar o sábado pola mañá en Almeiras.

 Partido decidido pola defensa e a falta de acerto no ataque. Desta volta inclinou a balanza cara ao equipo rival. As transicións de balón longo provocaron, xunto coa falta de acerto entre os 3 paus, que o marcador reflectise poucos goles.

Unha primeira parte na que estivo todo o tempo detrás no marcador sufrindo o equipo local, provocaban que o Lucense fora in crechendo en ansias pola victoria. A pesar dos continuos cambios de xogadoras, o ritmo continuou con poucas alteracións.

 Ao descanso o equipo do Canosa Abogacía decidía cerrar o sistema defensivo, pasando de 3.3 a 5:1 o que deu unha pequena esperanza ante o roubo dalguns balóns e empatar a 7-7 uns minutos antes do descanso segundo o protocolo Covid ..... pero os erros volveron e o Lucense fuxiu de novo por unha pequena renda. O lucense volveu contar coa eficacia da súa artilleira Nahomy imparable ante o 1x1.

Este foi un escollo do que aprender e afrontar o último partido do ano ante o Xiria,, líder da competición, con ideas renovadas.

BM Culleredo canosa abogacia 10 (5+5): Carla Corral, Tirsa Suarez, Paula Peteiro(2), Lucía Martínez, Aroa García , Leire Barbeito, Aroa Barbeito (P)., Lucía Cortegoso, Alba Pedreira(1), Sofía González (1), Valentina Martinez(4), Carla Muiño  e a alevín Antía Ferreño (1), Irene Rodriguez(1), Lucía López

C.P..Lucense 12 (7+5) : Carla Bouza , Nahomy Eunice(6), Laura Vázquez , Iria María Amedo (2), Nuria Díaz, Aya Aferdad, Eyram Safenu(4), Ada Barreiro

Parciais cada 5´:0-0/2-3/4-6/5-7/5-7 Descanso 6-7/7-9/9-10/9-11/10-12 Final

Árbitros: Iván Hernández Couto e Martina Regueiro Insua

Incidencias: 6ª rolda do grupo 5 da categoría infantil feminino celebrado no Pavillón de Almeiras en Culleredo. Sen público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *