Saltar ao contido

A INTENSIDAD DEFENSIVA DO SUTENOR, DÁ O SEUS BENEFICIOS.

Gran partido vivido de novo , esta vez en Carballo.

Unha primeira parte onde o Culle nos primeiros compases lograba un parcial de 1-4  grazas  a unha boa defensa ben organizada, o que provocaba perdidas de balón do equipo local ou lanzamentos en zonas poco efectivas que Marco lograba parar.

Na fase ofensiva  o culle  aproveitaba a conexión coa segunda liña para crear peligro , sexa indirectamente con pase e vai ou directamente con 1x1 da segunda liña.

Nos ultimo minutos da primeria parte o Xiria foi quen de axustar o marcador e poñerse a un gol grazas a un ataque rápido e efectivo , e unha boa disposición defensiva .

Na segunda parte  o Culle reaccionou solventando os problemas dos últimos minutos da primeria parte e puido outra vez máis ampliar a ventaxa no marcador mediante boas situación defensivas que propiciaban perdidas de balón do equipo local.

O culle non baixou o ritmo defensivo e iso fixo que o equipo xogara cómodo no ataque onde  a segunda líña seguía aportando numerosas ocasións claras de gol .

O remate do partido victoria para o equipo visitante,que consigue acabar esta primeira fase primeiro de grupo e invicto.

Agora a esperar a volta das vacacións a segunda fase de competición.

Garaysa Xira(16+34):Máximo Dias(1),Alvaro Garcia(2),Jorge Rodirguez(1),Yago Sande,Nicolas Cancela(4),Henrique Traba (4),Brais Suárez(1),Daniel Periscal(5),Marcos Suárez(7),Lucas Amado,Antón Fardiñas,Simón Viña.

BM Culleredo: (24+46): Marco Gonzales, Rubén Gantes ,Aarón  Blanco, Bruno Pardo, Iago  Vazquez(1), Jaime  Serrano(2)  ,Iván Sánchez(2), Adrián Veira (3), Samuel Seijas (12), Anxo Negreira (3), Alejo Martinez(4), Antón Pérez,josemi Martinez(4),Mateo Perez.

Parcial cada 5 minutos:0-3/2-6/6-10/7-13/13-14/14-20/16-21/20-26/23-29/26-31

Arbitros:Jose Henrique Folgoso,Gabriel Folgoso.

Incidencias: 6ª xornada de liga disputada no pavillón do CEIP Fogar con presencia   limitada de público polas restriccións do protocolo COVID -19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *