Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RAFERGAL VOLVE A REFRENDAR A SÚA MELLORÍA

O BM. Culleredo Rafergal enfrontábase de novo ao líder do grupo, o BM. Brigantium, esta vez en Almeiras.

Seguindo a liña dos últimos partidos, as locais sairían con seriedade ao 40x20 do municipal de Culleredo e presentarían batalla ao bo conxunto rival nunha primeira parte igualada e sempre interesante polas apreturas do marcador. Así o referendaba o 13-12 que reflectía o electrónico ao descanso e que deixaba todo por dilucidar de cara a a segunda parte.

Foi na continuación cando o BM.Culleredo Rafergal, despois duns primeiros dez minutos igualados (18-18), asinaría un 4-1 de parcial (22-19) para dar a estocada definitiva ao encontro, xa que a partir deste momento non cedería ante as de Coruña. A defensa e o contragolpe, claves de novo, liquidaban algúns dos erros e perdas no posicional para reafirmar o modelo de xogo do equipo e o traballo levado a cabo polas bravas xogadoras cullerdenses.

Partido serio e disciplinado do BM.Culleredo Rafegal ante o líder e novos dous puntos para un conxunto que se atopa en pleno crecemento e estado de graza.

BM.Culleredo Rafergal: 27 (13+14). Diana (p), Carla Bello (2), Marina Rodríguez, Aitana Tasende (3), Anheliz A. Alexander (2), Lucía Ponte (1), Paula (9), Candela (1), Adela (3), Lucía Sánchez (1), Carlota (2), Marta (3).

BM. Brigantium: 26 (12+14). Marina De Alfonso, Lucía Rodríguez (3), Natalia Méndez (4), Celia Fuentes (9), Laura Rodríguez, Sara Fuentes, Martina Regueiro, Yaiza Cillero (3), Andrea Piñeiro, Iria Li Río, Eva Martínez (2), Mª Victoria Gómez (3), Marta Franco, Britnney Altagracia, Irene Pacheco.

Parciais cada 5´: 1-2 / 3-3 / 6-5 / 8-9 / 10-11 / 13-12 /Descanso/ 13-15 / 18-18 / 22-19 / 23-22 / 25-24 / 27-26 / Final.

Colexiados: Carlos Calvar e Oscar Fdez.

Incidencias: Partido correspondente a 6ª xorna da primeira fase no grupo 4 da liga xuvenil feminina. O encontro disputouse no pavillón de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *