Saltar ao contido

NOVA IGUALADA ENTRE O INDUTEC INGENIEROS E O TELEPIZZA ARTEIXO

Indutec Ingenieros e Telepizza Arteixo asinaron táboas de novo nun partido pouco vistoso e repleto de erros. Faltou intensidade nos inicios por parte dos locais, que nunca conseguiron ter unha vantaxe cómoda e completaron un primeiro tempo igualado. Unha maior actitude dos cullerdenses a partir do minuto quince con varios cambios, tamén supuxo unha melloría no xogo, aínda que a encomiable batalla presentada polos de Arteixo e os fallos nos lanzamentos por parte dos rojillos, manterían o encontro na incertidume cando se chegaba ao tempo de descanso (9-8).

Iniciábase o segundo acto con dominio no xogo de ataque por parte do Indutec Ingenieros, pero seguía faltando regularidade, acerto nos lanzamentos e, o máis importante, aumentar o nivel na retagarda. A diferenza a prol do equipo de Culleredo tomaría o seu punto álxido nos tres goles e, aínda que o control do xogo era local, non se daba cerrado o encontro debido á fraxilidade defensiva. Dous fallos de lanzamentos claros fronte ao porteiro nos instantes finais facilitarían que os visitantes se puxesen por diante no momento máis crítico 22-23 e unha última acción cun pase longo do porteiro Iván a falta de poucos segundos, establecería o empate final (23-23) que lle da a primeira praza do grupo aos de Culleredo.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 23 (9+14). Iván Manzo (p), Javier Ansede (p), Iago Bescansa (3), Xoel ínsua, Adrián Pestonit, Nicolás Vázquez (1), Shaiel Costa (1), Lucas Sánchez, Álvaro Diéguez, Teo Calvo, Samuel Seijas (9), Pablo Fariña (2), Senén Garea (7), Diego Del Río, Juanfran Pazos.

Telepizza BM.Arteixo: 23 (8+14). Marcos Abeleira (2), Roi Mourón, Alejandro Aller, Iván Sousa (8), Lucas López, Marcos Vázquez (1), David García, Hugo Montero (3), Daniel González (3), Elmer Martínez, Víctor González (6), Alejandro López, Adrián Novio.

Parciais cada 5´: 1-3 / 2-4 / 3-4 / 4-4 / 8-6 / 9-8 /Descanso/ 12-13 / 16-15 / 18-19 / 21-18 / 21-20 / 23-23 / Final.

Colexiados: Iria Rivera e Marta González. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada nº6 da primeira fase no grupo 9 da liga cadete masculina. O encontro disputouse no pavillón de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *