Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO TÉCNICOS 115 VENCE AO RECAMBIOS INFRA NUN MAL PARTIDO

O BM. Culleredo Técnicos 115 trouxo de Lugo os dous puntos necesarios para seguir na pelexa pola segunda praza da clasificación, aínda que o encontro non deixou boas sensacións debido ao baixo nivel mostrado polos de Culleredo.

Os visitantes saltaban á pista da Casa Do Deporte de Lugo coa intención de impor un ritmo alto ao encontro e, á parte de conseguir a vitoria, gañar o golaverage con respecto ao OAR, equipo co que mantén unha dura loita por esa segunda praza do grupo. Nada saíu como se esperaba e os que conseguiron poñer freo e impor un ritmo moito máis pausado, foron os locais, cuxos ataques longos desesperaban á retagarda dos cullerdenses. Os faios de lanzamentos era outro lastre para os rojillos, que comezaban a acumular erros en contraataque fronte ao porteiro local de forma consecutiva. Todo iso en conxunto facía posible que no minuto quince o electrónico reflectira un asombroso e paupérrimo 2-3.

O Técnicos 115 non conseguía atoparse cómodo neste esceario, pero a pesar de todo, nos últimos momentos do primeiro acto, aproveitaría un mellor rendemento na retagarda para ampliar a diferenza no descanso do envite (6-12).

Parecía que o camiño da vitoria e mesmo da diferenza de goles comezaba a albiscarse de forma máis nítida, sobre todo cando a falta de vinte minutos o oito goles de diferenza que acumulara o OAR na súa visita a Lugo estaban igualados (7-15). Neses instantes finais, un cúmulo de despropósitos daban ao traste coa vantaxe adquirida e aínda que os dous puntos viaxarían para Culleredo, as sensacións deixarían un sabor amargo polos numerosos erros nas diferentes fases do xogo.

O BM.Culleredo Técnicos 115 terá agora a oportunidade de desquitarse este mal sabor de boca, a propósito que o partido que lle enfronte ao OAR en Almeiras será unha auténtica final e que si salen vencedores conseguirán alzarse con esa cobizada segunda praza da clasificación.

Recambios Infra: 16 (6+10). Miguel Angel Prado (p), Jorge Atanes (4), Brais Redondo, Daniel Suárez (6), David Yañez, Nicolás Núñez (2), Unai López, Enrique Rodríguez (3), Sergio Fdez (1).

BM.Culleredo Técnicos 115: 20 (12+8). Jorge López (P), Oscar Bello (p), Brais Pérez, Xoel Garrido, Martín Ínsua (4), Pablo Gómez (3), Guillermo Briones, Daniel Del Río (2), Iago Chao (3), Mateo Díaz (5), Guillermo Puga, Mateo Kidus, Guillermo Seijo, Adrián Díaz (3), Senén Garea.

Parciais cada 5´: 1-2 / 1-3 / 2-3 / 3-7 / 4-10 / 6-12 /Descanso/ 7-13 / 8-15 / 11-16 / 12-18 / 14-18 / 16-20 / Final.

Colexiados: José Pérez e José Flores.

Incidencias: Partido correspondente a 6ª xornada do grupo 6 da liga xuvenil masculina, disputado polo BM.Culleredo Indutec Ingenieros e o Recambios Infra de Lugo no pavillón da Casa De Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *