
Coa idea de seguir traballando e mellorando ante a falta de competición oficial na categoría, o equipo alevín mediuse a un equipo formado por infantís do clube. O partido prevíase interesante e moi igualado, encontro no que ambos conxuntos amosaron unha gran e dura competitividade, pero sobre todo sana.
Para @s alevíns esta era unha boa proba para seguir avanzando como xogador@s de balonmán e poñer en práctica todo o aprendido ata o de agora. A verdade é que o encontro dest@s nen@s foi incrible, con unha moi boa defensa que non deixaba xogar con comodidade ao conxunto infantil e saíndo moi rápido en canto recuperaban o balón, sen perdoar os erros cometidos polos infantís.
Pola parte dos infantís foi un encontro máis gris, no que non se atoparon nin en ataque nin en defensa. A alta presión e boas disuasións dos alevíns xeraban dúbidas, que xunto cos erros de lanzamento en claras ocasións de gol foron dándolle máis e máis oportunidades ao equipo alevín. Cabe destacar a gran actitude dos mesmos e o esforzo por adaptarse tamén a posicións nas que non tiñan xogado, valendo este encontro tamén para probar cousas diferentes e seguir mellorando.
#ForzaCulle
