Saltar ao contido

Previa da xornada!

(Infantil Fem) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS CP LUCENSE

As nosas nenas do Canosa Abogacía afrontan este sábado ás 10:30 un duro partido en Almeiras! Recibirán a visita do CP Lucense, rival que puxo as cousas moi difíciles no partido de hai unha semana. Para que as nosas poidan volver a competilo partido e loitar por levarse de novo os dous puntos deberán correxir os erros cometidos sobre todo a nivel defensivo.

(Infantil Masc) GARAYSA XIRIA VS BM CULLEREDO SUTENOR

Este sábado ás 12:00 en Carballo afrontan os infantís do Sutenor o seu último encontro desta 1ª fase da liga. Xogan de novo contra o Xiria reeditando o encontro da pasada semana no cal gañaron con autoridade os cullerdenses. De seguro que será un partido moi intenso e con un ritmo de xogo moi alto, no que veremos se somos quen de levarnos de novo os 2 puntos e pechar esta 1ª fase ligueira con pleno de victorias!

(Cadete Fem) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS CP LUCENSE

O Fisioterapia Benestar recibirá ao Lucense este sábado ás 12:00 en Almeiras. O encontro será a volta do da semana anterior, no que as nosas rapazas buscarán de novo facer un partido tan completo como o anterior en Lugo e poder levarse unha nova victoria.

(Cadete Masc) BM CULLEREDO INDUTEC INENIEROS VS TELEPIZZA ARTEIXO BM

O Indutec Ingenieros da categoría cadete masculina, recibirá o vindeiro domingo ao Telepizza Arteixo co obxectivo de conseguir os dous puntos en xogo e sobre todo, de mellorar a imaxe e as malas sensacións deixadas o pasado sábado no empate entre ambos os conxuntos (24-24). Para iso será imprescindible entrar no partido cunha actitude adecuada e unha intensidade e afán competitivo propio de calquera equipo que que desexe mellorar e pelexar por cotas altas.

O partido dará comezo ás 13:00h no pavillón de Tarrío.

(Xuvenil Fem) BM CULLEREDO RAFERGAL VS BM BRIGANTIUM

O BM.Culleredo Rafergal, en liña ascendente no seu xogo, recibe ao BM.Brigantium e desexa repetir o excelente papel mostrado a semana pasada en Novo Mesoiro ante o mesmo equipo. Non será tarefa sinxela, xa que as coruñesas compoñen un plantel de enorme potencial e con certeza que poñerán as cousas moi complicadas. No entanto, o conxunto cullerdense está centrado en competir ao 100% e para iso sabe que terá que volver actuar na retagarda a un un altísimo nivel.

O partido disputarase o Domingo ás 10:00 no pavillón de Almeiras.

(Xuvenil Masc) RECAMBIOS INFRA LUCUS VS BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

O Técnicos 115 desprázase a Lugo para disputar unha nova final, a segunda consecutiva e fronte ao mesmo equipo ao que derrotaba a semana pasada por un contundente 37-17. O contexto promete ser moi diferente, cun conxunto local que xa contará con máis efectivos e que con certeza ofrecerá unha maior resistencia no seu feudo. Os rapaces de Culleredo deberán de facer ver dende o primeiro minuto o moito que se xogan e para iso a actitude coa que se presenten en Lugo será clave. Evitar precipitacións innecesarias e demostrar unha maior disciplina atacante, serán factores esenciais para conseguir o obxectivo, á vez que o alto rendemento dos sistemas defensivos en conxunción coa portería.

O partido dará comezo o sábado ás 16:30h na Casa Do Deporte de Lugo

(Xuvenil Masc) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA VS MARUXÍA ASESORES ARTEIXO BM

Este domingo ás 10 da mañán no pavillón de Tarrío, os nosos xuvenís 'Bermudez Ulloa' enfróntanse ao Balonmán Arteixo, invicto coma nós. Sen dúbida espérase un encontro muy bonito e intenso, no que os nosos intentarán pelexar polo primeiro posto do grupo e acabar invictos antes do parón de Nadal.

Forza culleredo!

(Senior Masc) BALONMÁN CULLEREDO VS DISTEVI SEIS DO NADAL

O sábado ás 13:00 no Pavillón Municipal de Almeiras, o equipo senior recibe ao Seis do Nadal. Tras 2 partidos algo frouxos, esperamos seguir mellorando o noso xogo e conseguila victoria. Os xogadores do Culle están con ganas de demostralo seu bo xogo e de continuar coa boa racha de resultados que está a ter o equipo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *