Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RAFERGAL IMPONSE AO LIDER NUN GRAN PARTIDO

O BM. Culleredo Rafergal viaxaba ata a veciña Coruña para enfrontarse ao BM. Brigantium no seu feudo, o pavillón de Novo Mesoiro. As coruñesas, líderes invictas do grupo, tan só cederan un empate na súa saída a Carballo.

As cullerdenses acudían ao partido coa intención de referendar a súa mellora e revivir as boas sensacións que o equipo deixou no seu último partido en Santa Comba e a fé que o conseguíu, superando as expectativas e mellorando incluso a liña mostrada naquel encontro.

O partido foi intenso, vibrante e comezou con alternativas de ambos os conxuntos nos instantes iniciais. O BM.Culleredo Rafergal xogaba con disciplina, sen precipitacións e mantíñase a igualdade no electrónico ao paso polo minuto quince (9-8). Un parcial de 3-1 no seguintes cinco minutos, faría posible que as locais conseguisen unha pequena renda que xa se mantería ata o tempo de descanso (15-12).

Foi no segundo acto cando as de Culleredo ofreceron un auténtico espectáculo defensivo, levantando un férreo muro diante da portería defendida por Diana. Con tan só dous goles encaixados no segundos trinta minutos, o BM. Culleredo Rafergal tomaría vantaxe no corenta e cinco (18-19), aproveitando as numerosas recuperacións de balón para superar ao seu rival ao contragolpe. Xa non cederían as rojillas, que seguirían aumentado as diferenzas a unS inalcanzables catro goles nos último tres minutos para así, conseguir dous novos puntos e o que é máis importante, continuar cunha melloría no xogo que deixa excelentes sensacións grupais.

BM. Brigantium: 21 (15+16). Marina De Alfonso, Lucía Rodríguez (3), Natalia Méndez (2), Celia Fuentes (8), Laura Rodríguez, Sara Fuentes, Martina Regueiro, Yaiza Cillero (2), Andrea Piñeiro, Iria Li Río (2), Eva Martínez, Mª Victoria Gómez (4), Marta Franco, Britnney Altagracia, Irene Pacheco.

BM.Culleredo Rafergal: 21 (12+12). Diana (p), Carla Bello (4), Marina Rodrígez (1), Aitana Tasende (3), Anheliz A. Alexander (2), Lucía Ponte, Paula (7), Candela (2), Adela, Lucía Sánchez (1), Carlota (3), Marta (1).

Parciais cada 5´: 2-2 / 4-3 / 9-8 / 12-9 / 14-10 / 15-12 /Descanso/ 16-14 / 17-16 / 18-19 / 19-20 / 19-22 / 21-24 / Final.

Colexiados: Christian García e Rubén Iglesias. Ben, sen complicacións.

Incidencias: Partido correspondente a terceira xorna da primeira fase no grupo 4 da liga xuvenil feminina. O encontro disputouse no pavillón Novo Mesoiro con un tanto por cento de público no que se encontraba moitos dos país e nais das rapazas de Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *