Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR CONSIGUE A VICTORIA EN LUGO

Comenzaba o partido cun parcial de 0-5 a prol do Culle cunha defensa 6:0 con moita profundidade que complicaba un ataque estático por parte das lucenses.

O Culle na fase defensiva lorgraba seguir roubando balóns e lograban contrataques efectivos , se non ,no ataque estático conseguían boas accións colectivas que terminaban nos extremos con gol.

A segunda metade tivo a mesma tónica ainda que o Lucense si lograba transformar en gol máis accións que na primeria parte, o Culle seguía ampliando a ventaxa no marcador. Por momentos moitas infantis convocadas  para este partido conseguían manter e incluso ampliar a ventaxa, todo basádo nunha boa disciplina na zona defensiva .

Moi bo partido das nosas nenas cadetes que posicionanse segundas de grupo.

BM Culleredo Fisioterapia Benestar (18+30): Aroa Barbeito, Marina Rodríguez (1), Irene Bermúdez (3), Carla Estraviz (4), Carlota Rodríguez (6), Carla Bello (7), Aitana (3), Maria Bescansa (2), Sofía (1), Valentina Martínez(3), Paula Peteiro.

Cp Lucense (7+12): Alba Corral,Carlota Rielo(6),Iria Ruiz(1),Carla Ferreiro,Carla Bouzas(5),Jennifer Soto,Anne Ziyan.

Parcial cada 5 minutos:0-3/1-10/1-12/1-16/4-17/7-18/8-20/8-24/9-27/10-28/11-30/12-30-.

Arbitros: Jose Lopez, Nicolas Nuñez

Incidencias: 6ª xornada de liga disputada no pavillón muncicipal  Casa do Deporte de  lugo ,sen presencia de público polas restriccións do protocolo COVID -19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *