Saltar ao contido

O CANOSA ABOGACIA GAÑA O LUCENSE NUN GRAN PARTIDO

BM.culleredo canosa abogacía 18- CP lucense 16

Segunda saída consecutiva das nosas infantís a terras luguesas o sábado pola tarde.

O Culleredo chegaba invicto e o Lucense necesitado de vitorias polo que se presentía que o rival non o ía poñer doado.

Os dous equipos comezaron a amosar as armas dende os primeiros minutos e iso guiaba previamente que o xogo ía estar reñido. Foi un recordatorio do anterior partido contra o Xallas xa que o Lucense volveu ter entre as súas filas a varias xogadoras de primeira liña que marcaron a diferenza no equipo.

A destacar os primeiros compases do partido nos que as cullerenses amosaron un xogo máis dinámico que nos partidos anteriores. Isto fixo que as nosas medrasen e atrevéronse a probar cousas novas vistas nos adestramentos que ata agora non puxeran en práctica levando o equipo a ir por riba do marcador durante esta primeira metade e rematalo cunha renda de 3 goles.

Unha segunda parte marcada por altibaixos e por continuos axustes defensivos na zona central e lateral, xa que foi onde se localizaron as xogadoras máis perigosas do equipo rival. Non tivemos moito éxito coa axuda defensiva novamente e as penetracións a 6 metros do equipo rival, apenas atoparon unha oposición forte.

Aínda así, as nosas infantís seguían por diante no marcador cunha renda mínima de 2 goles que as levaría o triunfo final e levarse dous valiosos puntos para casa.

As lucenses non baixaron a actitude defensiva que ía medrando a medida que transcorría o partido e permitiulles continuar con opcións de loitar pola vitoria ata os últimos minutos.

Vimos que o 1x1 funciona despois das circulacións de balón e que aparecen cada vez máis asiduamente entre as nosas xogadoras.

A defensa 3:3 do rival moi riba das nosas primeiras liñas , liberaban de defensa as nosas extremos que na segunda parte atoparon mellor puntería que na primeira parte.

Comentar cos 7 m foron o protagonista desta segunda parte contra nosa portería, ata un total de 8 fronte o noso ataque que ningunha acción foi castigada con esa sanción.

Temos unha semana por diante para preparar eses pequenos detalles que botamos de menos nos partidos e progresar na nosa aprendizaxe.

BM Culleredo canosa abogacia 18 (9+9): Carla Corral (1), María Bescansa(2), Paula Peteiro(4), Lucía Martínez, Aroa García (1), Leire Barbeito, Aroa Barbeito (P)., Lucía Cortegoso, Alba Pedreira, Sofía González (4), Valentina Martinez (6) e a alevín Antía Ferreño

C.P.Lucense 16 (6+10) : María López (1), Carla Bouza (4), Nahomy Eunice (9), Laura Vázquez (1), Iria María Amedo (1), Nuria Díaz, Aya Aferdad

Parciais cada 5 ': 2-1/4-3/7-4/8-5/9-6 Descanso11-8/14-11/15-12/16-14/18-16 Final

Árbitro. Nicolas Núñez Vázquez y Sergio Díaz Vázquez

Incidencias: 5ª rolda do grupo 5 da categoría infantil feminino celebrado no Pavillón Municipal Casa do deporte de Lugo. Sen público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *