Saltar ao contido

Previa da xornada

Nova xornada de competición para os nosos equipos que unha fin de semana máis volven ás pistas a dalo todo!

(Infantil Fem) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas infantís viaxan na tarde do sábado a Lugo para enfrontarse ao CP Lucense, o partido desputarase Pavillón Municipal Casa do Deporte ás 16:00. Prevese un encontro complicado, intenso e con opcións para ambos conxuntos. As nosas nenas buscarán seguir evolucionando e sumando experiencia competitiva á vez que intentarán traelos 2 puntos de volta para terras cullerdenses.

(Infantil Masc) BM CULLEREDO SUTENOR VS GARAYSA XIRIA

Este sábado ás 10:00 en Almeiras desputarán os nosos infantís do Sutenor o seu 5º encontro ligueiro da tempada. Os nosos nenos terán como rival ao Garaysa Xiria, equipo co que se encontran empatados a puntos tras as primeiras 4 xornadas e co que pelexarán por ese primeiro posto do grupo 5. De seguro que será un partido intenso, no que os nenos de ambos equipos o darán todo por cada balón e veremos quen será capaz de imporse no encontro e dar un primeiro paso para liderala clasificación.

(Cadete Fem) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O Fisioterapia Benestar desprázase xunto coas infantiles a Lugo esta tarde do sábado para desputalo seu encontro que terá lugar ás 17:30. As cadetes veñen facendo un bo papel nas xornadas desputadas, amosando que son un equipo con moito carácter e loitador. Nesta nova xornada veremos como as cullerdenses loitan por seguir sumando puntos e melloralo xogo despregado ata agora para así non darlle oportunidades ás rivais. En fronte terán a un compricado CP Lucense que de seguro non lle porá as cousas fáciles ás nosas rapazas se queren levarse consigo os punto de Lugo.

(Cadete Masc) TELEPIZZA ARTEIXO BM VS BM CULLEREDO INDUTEC INENIEROS

O equipo cadete masculino do BM.Culleredo, desprazarase a Arteixo este sábado para disputar un partido vibrante entre os dous equipos invictos do grupo. Os cullerdenses terán que presentar as súas mellores credenciais e facer un esforzo maior, si cabe, ante as baixas na primeira liña. A liña a seguir será a da pasada fin de semana en Pontedeume, onde os xogadores, sabedores sabedores da falta de efectivos, completaron un encontro realmente serio en todas as facetas do xogo.

O partido dará comezo ás 11:00h no pavillón de Galán.

(Xuvenil Fem) BM BRIGANTIUM VS BM CULLEREDO RAFERGAL

O BM.Culleredo Rafergal visita a pista do BM.Brigantium na súa segunda saída consecutiva e tentará continuar coas boas sensacións e a mellora mostrada fai quince días na vitoria fronte ao BM.Liña 21- BM.Xallas. As cullerdenses, que xa fixeron un encontro moi completo en Santa Comba, parten co obxectivo de seguir nese crecemento defensivo que lles axude a competir en igualdade ante un conxunto que aínda non coñece a derrota.

O partido disputarase o Domingo ás 12:30 no pavillón de Novo Mesoiro.

(Xuvenil Masc) BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 VS RECAMBIOS INFRA LUCUS

Importante partido o deste Domingo para os Técnicos 115. Os cullerdenses deben de superar as numerosas baixas do equipo e mostrar a súa mellor cara para conseguir unha vitoria imprescindible de cara a lograr os obxectivos propostos. Esta débese de fraguar nunha retagarda sólida e que cumpra a un alto nivel, para poder así despregar a velocidade na primeira e segunda onda. No posicional, minimizar as perdas de balón e xogar con criterio ante os diferentes sistemas defensivos, serán os puntos a ter en conta polos locais neste transcendente encontro.

O partido dará comezo ás 10:00h no pavillón de Almeiras.

(Senior Masc) BALONMÁN CULLEREDO VS U. B. LAVADORES

O sábado ás 19:30 no Pavillón Municipal de Almeiras, o equipo senior recibe ao filial da U.B. Lavadores. Tras o partido de ida donde o equipo non xogou a un bo nivel, aínda que se consegueu a victoria, os xogadores do Culle están con ganas de demostralo seu bo xogo na casa e buscarán  resarcirse do acontecido na xornada pasada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *