Saltar ao contido

Os nosos senior traen de Vigo 2 puntos con moito sufrimento


Despois dunha pausa de 1 semana, viaxamos a Vigo para xogar contra a U.B. Lavadores. A falta de intensidade defensiva fixo que o equipo rival atopase situacións de gol moi claras dende os 6 metros. En ataque, moitas precipitacións e perdas de balón fixéronnos chegar a estar 2 abaixo no marcador.

Na segunda metade, os primeiros 10 minutos seguimos cometendo os mesmos erros que na primeira, despois do tempo morto solicitado o equipo reaccionou e logrou marcar 4 goles e poder rematar o partido sen poñer en perigo os 2 puntos. É hora de seguir traballando para poder solucionar os erros cometidos e poder demostrar o verdadeiro nivel do equipo.

U.B Lavadores (18 +12): Rodrigo (4), Izan (4), Andrés (1), Pablo (3), Brais (3), Pedro, Marcelo, Rubén, Adrian (1), Pedro (3), Dario (2), Roberto (1), Alejandro (1), Pedro (7), Marco.


Balonman Culleredo ( 16+16) : Antonio, Javi (2), Brais, Ángel, Martín, Miguel (6), Iago Franco (2), Rökkvi, Marcos (7), Álvaro (1), Iago Ferreiro (6), Mateo (1), Guillermo, Diego (1), Dario (1), Aresio (5).

Árbitros: José Maria García e Oscar Fernández. Solventaron o partido sen problemas.

Incidencias: Partido desputado en Lavadores con restriccións por mor da COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *