Saltar ao contido

Sufrida victoria dos Bermúdez Ulloa en Pontedeume

Tocábanos visitar a pista do Pontedeume, xornada aprazada de fai dúas semanas.
Na primeira parte os nosos saían un pouco fríos, con bastante igualdade no marcador. Pouco a pouco íamos despertando e explotando o contraataque directo, o cal remataba con gol. A nosa defensa iba gañando intensidade, con moita unión e moi boas axudas. Así o final da primeira metade, remataba 8-13.
Ao comezo da segunda metade a tónica asemallaba a mesma, conseguindo rendas de 7 goles. No transcurso desta, a baixada de intensidade nos nosos, provocaba un parcial de 4-0 do equipo rival. Poñéndose a tan só dous goles de diferenza. Conseguimos facer dous boas defensas que nos salvaron de deixar dous puntos en Pontedeume. Ao final e sufrindo, 20-22 a favor dos nosos.

Bm Culleredo Bermúdez Ulloa: Guille (10), Iago Chao (4), Mateo Kidus (3), Iago Gerpe (1), Iago Bescansa (1) Pablo fariña (1), Asel Cambón (1), Álvaro (1), Guillem Gambau, Guillermo Puga, Oscar Bello (p), Alexo Ponte, Pablo Fernández, Eloy Capelo, Diego Almeida, Gonzalo Palleiro.

Galitrans Bm Pontedeume: Antonio, Samuel, Mario, Jorge, Álvaro (3), Xoel (2), Xoán, Daniel (4), Alexandro, Alejandro (2), Castor (5), Manuel (4).

Árbitros: José Aquilino y Pablo Cividanes. Gran labor destes dous colexiados marcando as pautas e poñendo límites na agresividade defensiva.

Incidencias: Partido aprazado correspondente á 1ª xornada desputado na Casqueira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *