Saltar ao contido

Nova victoria para os nosos cadetes do Indutec Ingenieros

Moi bo partido dos nosos cadetes este sábado no pavillón da Casqueira.
Tocábanos xogar unha xornada aprazada, a volta do partido desputado en Almeiras, o cal deixaba moi boas sensacións nos nosos.
Partido sen complicacións, onde dominaron as accións en primeira oleada que remataban con goles rápidos para os nosos, o que facía despegarse pronto no marcador. Na primeira parte os nosos gañaban 23-7.


Na segunda metade pasou o mesmo, aínda con mellor actitude defensiva que na primeira, propiciando máis saídas en primera e segunda oleada, acadando así un resultado moi abultado ao final 48-13.
Cabe destacar a melloría que imos vendo neste grupo de rapaces traballadores e entregados.

Bm Culleredo Indutec Ingenieros: Ivan Manzo (p), Javier Ansede (p), Lucas Sánchez (2), Iago Bescansa (3), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro (3), Adrián Pestonit (3), Nicolás Vázquez, Shaiel Costa (8), Álvaro Diéguez (4), Teo Calvo (2), Pablo Fariña (3), Senén Garea (3), Diego del Río (5), Juanfran Pazos (1), Samuel Seijas (11).

S. D. Eume: Samuel, Bryan, Mateo, Mario (2), Pablo, Jorge (10), Nuno, Xoel (1), Ángel, Lucas.

Árbitros: José Aquilino y Pablo Cividanes. Gran labor destes dous colexiados marcando as pautas e poñendo límites na agresividade defensiva.

Incidencias: Partido aprazado correspondente á 1ª xornada desputado na Casqueira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *