Saltar ao contido

Previa da xornada!

Esta fin de semana poderemos disfrutar dunha nova xornada de balonmán no noso clube, tanto a fin de semana como o martes 8 teremos competición e partidos que de seguro estarán moi igualados. Nesta nova xornada incluso algúns dos nosos equipos terán dobles enfrontamentos nas categorías infantil masculina, infantil feminina e cadete feminina!

(SM) U. B. LAVADORES VIGO – BALONMÁN CULLEREDO

O sábado día 2 ás 17:30 o noso equipo senior xogará en Vigo para enfrentarse ao filial do  U.B. Lavadores. Despois do aprazamento da última xornada por motivos derivados da situación sanitaria que vivimos co COVID-19, o equipo retomou os adestramentos este mércores e afronta o partido con moitas ganas tras ter que estar parados durante 1 semana completa. Veremos se podemos traernos 2 puntos de terras viguesas.

(XM) S. D. EUMESA – BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA

Esta fin de semana o noso equipo xuvenil Bermúdez Ulloa enfróntase de novo á S. D. Eumesa, esta vez na súa casa, o partido corresponde á primeira xornada da liga, que tivera que ser aprazada.

Partido a priori moi intenso e competido no que sen dúbida intentaremos levarnos dous puntos máis de volta para Culleredo.

Forza culle!

(CM) S. D. EUME – BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS


O equipo cadete masculino Bm Culleredo Indutec Ingenieros viaxará este sábado a Pontedeume para disputalo partido da primeira xornada da competición que fora aprazada no seu día. Os cullerdenses, que xa derrotaron con forza ao equipo de Pontedeume en Almeiras, buscan mellorar as sensacións da pasada fin de semana en Santiago ante o Ribadosar. Os obxetivos claros serán a mellora defensiva e o contraataque na segunda onda tras as recuperacións da zaga. No ataque posicional, o traballo realizado durante a semana para mellorar as fixacións e a continuidade do balón, debería facilitar unha mellor versión do Indutec Ingenieros nesta faceta. O encontro comezará ás 10:30 no pavillón da Casqueira coa baixa de Nuno Loxo, que causa perda por unha pequena fisura no radio.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR – BM BRIGANTIUM “B”

Dobre encontro contra o Brigantium, esta vez toca xogar contra o seu equipo “B”, os anteriores partidos contra o “A” foron moi competidos e esperamos que poida ser así nestos encontros e poidamos disfrutar duns partidos ben emocionantes.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA – BALONMÁN XALLAS F.C.

Despois dun parón de dúas fins de semana sen competir polas características especiais da liga infantil deste grupo, toca volver ás pistas e con dobre xornada ante o Bm Xallas. É hora de xogar contra un equipo que comparte con nós os postos altos da competición, polo que de seguro o partido dará moito de si.

Vémonos o sábado día 5 no Pabellón de Almeiras ás 10:00. Forza culle!

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR – REPRINT ARTEIXO BM

Nesta ocasión o Remax enfrontarase por dobre partida ao Arteixo, farao primeiro este sábado ás 11:00 na pista do Arteixo e o martes ás 13:00 en Almeiras. Hai que destacar que o Arteixo foi quen de ter contra as cordas ao Bm Atlántico, polo que se presume que será un partido moi competido e igualado.

Tanto o Remax como o Arteixo buscan a súa primeira victoria da tempada, así que veremos que conxunto é capaz de levarse esos primeiros 2 puntos parar o seu casilleiro persoal!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *