
(Infantil masculino) CP Lucense – Bm Culleredo Remax Riazor
O REMAX RIAZOR CAE EN LUGO A PESARES DA SÚA BOA ACTUACIÓN
O equipo infantil masculino Remax Riazor viaxaba a Lugo para xogala volta do anterior encontro que remataba en empate en Tarrío. Con ganas de volver a sumar puntos no seu casilleiro persoal iban os cullerdenses a comezalo encontro con moita forza e decisión, pero custaríanos atopalo camiño ao gol, véndose reflexados nos 3 goles que marcamos nos primeiros 10 minutos.
Pouco a pouco irían meténdose os nenos cullerdenses no partido e solucionando os erros existentes en ataque e en defensa, impedindo que os locais conseguisen sacar máis diferenza no marcador. Iríamos ao descanso con un 14-9 no marcador.
Xa na segunda parte veríaselle outra cara aos cullerdenses, que con unha gran defensa 3:3 comezaban a xerar dudas nos atacantes locais e a conseguir roubar moitos balóns. Pola outra banda, no ataque non éramos quen de superala defensa cerrada do CP Lucense, que freaba os nosos intentos de progresar no ataque con moita contundencia. Con esta tónica seguiría a primeira parte, na que non seríamos quen de encontralo camiño ao gol ante un tipo de defensa á que estos nenos non están acostumados.
Bo partido dos nosos nenos, que unha fin de semana máis amosaron o competitivos que poden chegar a ser!
Bm Culleredo Remax Riazor: (9+8) Hugo (p), Felix (2), Jorge (1), Iago (3), Roi, Mario, Álvaro (4), Bruno, Diego, Víctor, Bieito (1), Adrián (3), Xoán (3).
CP Lucense: (14+9) Lucas (3), Roi, Martín, Adrián (5), Daniel (4), Henol, Hugo, Rodrigo (1), Samuel (2), Iván, Gabriel (6), Amir (2).
Parcial cada 5´: 3-2 /6-3 / 10-6 / 13-7 / 14-9 / 16-12 / 19-12 / 19-13 / 20-15 / 23-17.
Colexiados: Sergio Ríos e Jose Flores.
Incidencias: Encontro correspondente á 4ª xornada de liga disputado na Casa do Deporte en Lugo sen público por mor das medidas contra a COVID-19.

(Infantil masculino) Bm Culleredo Sutenor – OAR Ciudad
NOVA VICTORIA DO SUTENOR ANTE OS VECIÑOS DO OAR CIUDAD
Novo partido en Almeiras onde nos visitaba o equipo Coruñes O.A.R. Coruña.
Na primeira parte o Culle saiu moi enchufado o lograba un parcial de 6-1 nos primeiros intres do encontro, grazas a unha defensa 3:3 moi presionante que producía perdas ou erros no ataque do equipo visitante e accións de contrataque para o equipo local.
No ataque posicional o equipo local era quen de superar a defensa rival grazas a acción disciplinadas e colectivas.
A segunda metade tivo a mesma tónica, moitas imprecisións no equipo local que correspondían a contrataques rápido que o Culle era quen de solventar.
Destacar a actitude e a non relaxación do equipo local e visitante en todo o momento do partido.
BM Culleredo: (19+21): Marco, Aarón (1), Bruno (2), Iago (1), Jaime (5) ,Iván (4), Adrián (4), Samuel (14), Anxo (2), Alejo (3) , Josemi (4).
O.A.R.: (6+6): Leo, Víctor (7), Rodrigo (1), Marco, Nicolás, Carlos, Ángel (2), Leo, Roi, Yan, Iker, Matías, Sergio (2)
Parcial cada 5 minutos:5-0/8-3/15-5/19-6/24-7/29-8/31-9/33-11/40-12
Arbitros: Pablo Barreiro, Jose López.
Incidencias: 4ª xornada de liga disputada no pavillón de Almeiras , sen público polas restriccións do COVID-19.

(Infantil masculino) Bm Culleredo ConstruPereiro – Abegondo F40
DERROTA DO CONSTRUPEREIRO CONTRA UN MOI SÓLIDO ABEGONDO
Caerían de novo este domingo os nosos infantís do ConstruPereiro ante un moi bo Abegondo F40. De novo se enfrontaban estos 2 equipos e veríamos desta vez un partido diferente ao da ida, cos locais moito máis centrados e ordenados. Na primeira parte, salvo por algúns erros puntuais, veríamos un partido moi completo dos cullerdenses, que mantiñan ventaxa de 1 gol ata o final da primeira parte, na que un bo parcial do Abegondo lles permitiría irse ao descanso 1 gol por encima.
O bo facer defensivo e o orden ofensivo mantívose ata o minuto 8 da segunda parte, a partir do cal os nervios pola igualdade e a intensidade do encontro comezaban a facer mella nos cullerdenses. Subía a intensidade do partido e con ela os erros locais, que comezaban a ser numerosos e ahí o Abegondo non perdoaba, empezando a marcharse no marcador por 3-4 goles.
Xa falta de algo menos de 10 minutos, co Abegondo dominando o encontro, a prisa por intentar remontalo encontro trouxo con ela algunha que outra nova pérdida de balón e lanzamentos en zonas pouco efectivas que detía sin problemas o porteiro visitante e que nos alonxaba no marcador ata o 22-30 final.
Encontro moi irregular dos nenos do ConstruPereiro que melloran actuación da semana pasada, pero que non foron quen de competir ante un Abegondo superior.
Bm Culleredo ConstruPereiro: (11+11) Rubén (p), Adrián López (p), Teo (1), Fabián, Hugo (1), Noé, Nicolás Arias, Nicolás Díaz (4), Josemi (2), Adrián Centoira (1), Iago (2), Álvaro (5), Mateo (1), Jorge (5).
Abegondo F40: (12+18) Hugo (p), Adrián (2), Daniel (2), Leo (4), Diego (5), Yago (6), Brais (6), Gabriel (2), Tomás (3).
Parciais cada 5´: 3-2 / 5-4 / 8-7 / 10-9 / 11-12 / 14-15 / 17-20 / 20-23 / 21-25 / 22-30.
Colexiados: Pablo Barreiro e Jose López. Correctos durante todo o encontro.
Incidencias: 4ª xornada de liga disputada no pavillón de Almeiras sen público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.
(Cadete femenino) Bm Brigantium “A” – Bm Culleredo Fisioterapia Benestar
Despois dun partido emocionante entre estes dous equipos na primeira xornada, nesta ocasión o partido non volveu a defraudar, ainda que neste caso os dous puntos foron para o equipo local.
Na primeria parte o equipo cullerdense levou a inicitativa no marcador, incluso logrando ventaxas de 3-4 goles, pero o Brigantium non se rendiría e lograba empatar o encontro antes de finalizar a primeria parte.
Destacar a profundidade defensiva do Culleredo pese a defender co sistema 6:0
Na segunda metade o Culleredo atascouse en ataque por mor de fallos de lanzamento ou falta de producir accións fáciles de rematar.
O Birgantium pouco a pouco conseguia una renda de 2-3 goles que o Culleredo pese a recuperar númerosos balóns non conseguía empatar o encontró.
O final victoria do equipo local, pero destacar que o Culle non se rendiu ata que finalizaou o partido.
Gran partido o vivido hoxe en Novo Mesoiro.
BM Culleredo: Marina(6), Carla.E. (1), Carlota (10), Carla Bello (4), Aitana (4), Maria (1), Sofía, Valentina, Paula. Aroa
BM Brigantium: Natalia (7), Sara (5), Lara (2), Martina (2), Yaiza (12), Sandra (1), Uxía, Sara (1), Sara, Mara, Andrea(2)
Árbitros: Pablo Torreiro Barros, Nicolás Nuñez.
Incidencias: Xornada nº 2 disputada no pavillón de Novo Mesoiro, con asistencia de público limitada.

(Cadete masculino) Bm Ribadosar – Bm Culleredo Indutec Ingenieros
O BM CULLEREDO INDUTEC IMPONSE NUN FROUXO PARTIDO
O BM. Culleredo Indutec Ingenieros cumpríu co trámite dos dous puntos e impúxose ao BM. Ribadosar en Santiago, aínda que non realizou un bo partido e as sensacións no referente ao xogo non cubriron os obxectivos.
Quizá a avultada vitoria da pasada semana en Almeiras fronte ao mesmo equipo (48-17), puidesen ter algo que ver na irregular concentración e intensidade mostrada polos cullerdenses no pavillón Quiroga Palacios, que sumaron múltiples erros de lanzamento e perdas de balón fronte a un conxunto, o local, que xogou con seriedade un partido desigual.
O Indutec Ingenieros dominou o marcador os sesenta minutos, aínda que ata o minuto quince do primeiro tempo os algarismos eran curtos (5-8). Foi cos primeiros cambios cando o conxunto de Culleredo realizou os seus mellores minutos, apoiándose no seu defensa 5:1 co gran traballo de Lucas no avanzado e despregando a velocidade na segunda onda. Un 0-5 de parcial ampliaría as diferenzas que no tempo de descanso xa eran contundentes (9-18).
Co partido practicamente decidido, os rojillos volveron baixar o seu ritmo e o Ribadosar, que sempre se mostrou como un equipo competitivo, aproveitou a circunstancia para asinar un parcial de 14-18 neste segundo tempo, para de este modo finalizar o encontró cun marcador de 23-36.
Con esta vitoria, o BM.Culleredo Indutec Ingenieros continua invicto. Agora queda seguir traballando para mellorar en todas as fases do xogo.
BM.Ribadosar: 23 (9+14). Miguel Cepeda (1), Pablo Romero (1), Hector Costas (3), Dawit Álvarez, Carlos Quintela (2), Diego Fdez (3), Jesús Ricoy (1), Marcos, Abraham (1), Daniel (2), Xenxo (3), Juan (3), Hugo, Alberto (2), Guillermo, Ramón (1).
BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 36 (18+18). Javi (p), Iván (P), Iago (4), Xoel (1), Marcos (2), Lucas (2), Adrián, Nico (2), Shaiel, Nuno (7), Senén (6), Álvaro (1), Teo (1), Diego (3), Juanfran, Pablo (7).
Parciais cada 5´: 1-4 / 4-6 / 5-8 / 5-13 / 8-15 / 9-18 /Descanso/ 11-21 / 13-23 / 16-26 / 19-28 / 21-32 / 23-36 / Final.
Colexiado: Christian García. Sen complicacións.
Incidencias: 5ª xornada de liga disputada no pavillón Quiroga Placios de Santiago de Compostela ainda que sen público, debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(Xuvenil feminino) Bm Línea 21 Santa Comba – Bm Culleredo Rafergal
O BM CULLEREDO RAFERGAL DOMINA O ENVITE E LOGRA OS 2 PRIMEIROS PUNTOS EN SANTA COMBA
Gran partido o da tarde do sábado en Santa Comba entre o BM.Culleredo Rafergal e o BM.Línea 21 ST.Comba. Foi un encontro cheo de tensión e incertidume ata o último instante, dominado polas cullerdenses cun traballo defensivo que ao cabo sería vital para consecución da vitoria.
As nenas do BM.Culleredo Rafergal consolidaron unha maior regularidade nos sesenta minutos deste encontro e cunha idea de xogo clara no ataque posicional e un sentido colectivo do mesmo, o equipo plantaríase no 40x20 do pavillón Fontenla con seriedade e un bo espírito competitivo. O 5.1 das visitantes rendería a gran nivel e aínda que existiron algúns erros e perdas de balón en certos momentos, os acertos da retagarda facían posible que o conxunto de Santa Comba non se despegase no electrónico. Con alternativas no marcador, pero coas de Culleredo dominando a maior parte dos parciais, chegaríase ao descanso con todo por dilucidar no segundo acto.
Na continuación a defensa, en conxunción coa achega da porteira Diana, erixiríanse en bastión esencial do que ía acontecer. Grazas ao bo facer da retagarda e cando o partido entraba nun momento delicado (min 45, 15-13), Paula, xogadora avanzada do 5:1 do BM.Culleredo Rafergal, interceptaba tres balóns de forma consecutiva e o equipo materializaba outros tantos goles ao contraataque que lle daban a volta ao marcador. As defensoras no segundo impúñanse ás acometidas no 1x1 das laterais e penetrabámonos nos minutos finais con plena igualdade no marcador. Ante a situación máis complicada do envite, con catro xogadoras en pista do BM.Culleredo Rafergal por seis das locais, as nenas de Culleredo superarían con nota este instante tan delicado, xogando con disciplina, buscando as situacións sinxelas de lanzamento e apoiándose no seu gran baluarte de hoxe, a defensa, para de novo recuperar balóns e poder selar a vitoria en rápidos contragolpes.
Gran vitoria do BM.Culleredo Rafergal nunha difícil pista que inaugura os algarismos na clasificación das cullerdenses e o que é máis importante, referenda o bo traballo que leva facendo este grupo ao longo das semanas. As rapazas e o corpo técnico dedícanlle os dous puntos a súa compañeira Adriana, que o próximo Martes será intervida quirurxicamente dunha fractura nasal, desexando que todo saia ben e teña unha pronta recuperación.
BM.Línea 21 Santa Comba: 20 (10+10). Aida Varela (4), Leticia Souto (2), Carla Rodríguez (3), Mirian Capelo (5), Laura Lois, Laura Barca, Antía Oreiro (3), Tania Calvelo, Raquel Vilariño (3).
BM.Culleredo Rafergal: 22 (11+11). Diana Dozo (p), Marina Rodríguez, Aitana Tasende (2), Irene Bermúdez, Anheliz A. Alexander (4), Lucía Ponte (2), Paula Valderrabano (4), Candela Puga (2), Carla Estravíz, Adela Areoso, Lucía Sánchez, Carlota Rodríguez (8), Marta Valderrabano.
Parciais cada 5´: 2-3 / 2-4 / 4-5 / 6-7 / 8-8 / 10-11 / Descanso / 11-12 / 13-13 / 15-13 / 16-16 / 18-19 / 20-22/ Final.
Colexiado: Henrique Folgoso.
Incidencias: 5ª xornada da primeira fase no grupo 4 da liga xuvenil feminina de balonmano. O encontro disputouse no pavillón Fontenla de Santa Comba.
