Saltar ao contido

Previa da fin de semana!

Chega unha nova fin de semana de competición para os nosos equipos. Así afrontamos esta nova xornada ligueira.

(Infantil masculino) CP Lucense – Bm Culleredo Remax Riazor

O equipo infantil masculino Remax Riazor viaxará na tarde do sábado a terras lucenses para reeditalo encontro que remataba con empate a 18 a fin de semana pasada. O encontro desputarase na Casa do Deporte de Lugo ás 16:30 e nesta ocasión os nenos do Remax Riazor buscarán corrixilos erros da semana pasada para poder conseguilos primeiros 2 puntos da tempada. Este grupo segue a evolucionar cada día e de seguro que dará moitas noticias positivas!

(Infantil masculino) Bm Culleredo Sutenor – OAR Ciudad

Este domingo ás 13:00 visítanos o equipo coruñés OAR Coruña, na ida os cullerdenses lograron unha victoria cómoda, pero o equipo visitante virá con ganas de mellorar o resultado da pasada fin de semana, así que se augura un bo partido en Almeiras.

(Infantil masculino) Bm Culleredo ConstruPereiro – Abegondo F40

De novo terá o ConstruPereiro ao Abegondo como rival e intentará desta vez que non se repitan os moitos erros cometidos a xornada pasada. Tras reflexionar e traballar moito esta semana, os nenos teñen aprendido desos erros e veremos se desta volta son quen de competilo partido e mostralo seu verdadeiro nivel fronte a un duro rival como demostrou selo Abegondo F40. O encontro xogarase o sábado ás 10:00 no pavillón de Almeiras.

(Cadete femenino) Bm Brigantium “A” – Bm Culleredo Fisioterapia Benestar

Despois do intenso partido da fin de semana anterior que acabou en empate, os dous equipos buscarán a primera victoria desta nova tempada. Espéranos un gran partido con balonmán de nivel. Nesta ocasión o encontro disputarase no pavillón de Novo Mesoiro o domingo ás 10:00.

(Cadete masculino) Bm Ribadosar – Bm Culleredo Indutec Ingenieros

O conxunto cadete do Indutec Ingenieros, desprázase este Domingo a Santiago de Compostela para enfrontarse ao Bm Ribadosar. O pavillón Quiroga palacios da capital galega acollerá, ás 11:00h este envite, no que os cullerdenses parten coa ilusión de continuar invictos. Aínda que o partido da semana pasada tornouse desigual e favorable aos rojillos por un amplo marcador, o equipo deberá de asumir o novo reto sen confianza algunha e a humildade suficiente para seguir asimilando conceptos e mellorando o modelo semana a semana.

(Xuvenil feminino) Bm Línea 21 Santa Comba – Bm Culleredo Rafergal

As nenas do Bm Culleredo Rafergal, viaxarán o sábado pola tarde ata Santa Comba para enfrontarse ao Bm Línea 21 Santa Comba. O partido dará comezo ás 18:00h no pavillón de Fontenla e as nenas de Culleredo desexan mellorar as sensacións da semana pasada e demostrar de forma fidedigna o nivel que están a amosar nos adestramentos. A mellora a nivel defensivo como colectivo, na segunda onda do contraataque e minimizar os erros de pase, antóllanse obxectivos claves para volver a casa un con bo sabor de boca sobre o traballo realizado.

(Senior masculino) Bm Camariñas Conservas Boya – Balonmán Culleredo

Xogarase este sábado ás 18:00 a 6° xornada ligueira na que lle devolveremos a visita ao Balonmán Camariñas Conservas Boya no pavillón municipal Víctor Vigo. Despois do bo partido da última xornada, o equipo buscará esa continuidade que nos permita seguir nos postos altos da clasificación. O conxunto camariñán, que sempre é un equipo moi forte e difícil na súa pista, seguro que nos porá as cousas difíciles para que poidamos conseguila victoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *