Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR LOGRA A PRIMEIRA VICTORIA NA COMPETICIÓN LIGUEIRA.

Unha xornada máis para o Remax Riazor, que nesta ocasión recibía a visita do BM Tui, un equipo co que xa se enfrontara no play-off. Daquela, a vitoria fora pola mínima para o conxunto pontevedrés. Desta volta, tamén por un gol, o triunfo quedou en Culleredo.

O Remax Riazor comezou o encontro con moita disciplina, sobre todo na fase ofensiva. As cullerdenses crearon ocasións claras de gol, pero faltoulles acerto na definición. O que puido ser un parcial inicial de 5–1 acabou nun 2–3 polos lanzamentos errados en situacións claras.

O encontro estaba a ser moi igualado. O Tui comezou a coller ritmo, sobre todo no contragol, e fíxolle moito dano ao Remax Riazor. Aínda así, o equipo cullerdense mantivo a disciplina e o bo ritmo en ataque, o que lle permitiu poñerse tres goles por diante. Pouco a pouco, esa vantaxe foise esvaendo e o Tui deulle a volta ao marcador. As cullerdenses chegaron a ir dous goles por baixo, pero, grazas a varias boas accións defensivas, volveron poñerse por diante en apenas un minuto de xogo.

Ao descanso · BM Culleredo Remax Riazor 16–16 BM Tui

Na segunda metade, o Remax Riazor comezou con acerto, atopando boas solucións ante a defensa 5:1 visitante. En defensa, porén, tivo problemas para axustar as marcaxes e cometeu varios despistes na liña dos seis metros. Son erros que non se poden permitir nun encontro tan igualado.

O Remax Riazor volveu poñerse tres goles por diante, pero perdeu esa vantaxe nos últimos dez minutos. O Tui aumentou a presión defensiva e conseguiu darlle a volta ao marcador. Os minutos finais foron de infarto, con calquera erro capaz de decidir o encontro.

Na última acción, cun gol de vantaxe, as cullerdenses defenderon con toda a concentración e a intensidade que esixía o momento. O Tui acabou lanzando desde unha posición pouco favorable e as miniguerreiras do Remax Riazor puideron celebrar unha vitoria moi traballada.

Parabéns a todas as xogadoras! Esta vitoria é froito do traballo de todo o equipo. Cada unha achega o seu gran de area, tanto nos adestramentos coma nos encontros.

Resultado final: Bm Culleredo Remax Riazor 33- Bm Tui 32

Bm Culleredo Remax Riazor: Sofía Calvo , Sara Arcay, Mariña Garaboa, Valeria Diaz, Celtia Fernández, Sofía López Ana Penelas, Sabela Lamas, Olivia Pan , Andrea Muñoz, Lucía Peña, Daniela Manteiga, Martina Villaverde, Jokayris Rodriguez, Paula Gándara

Bm Tui : Alba , Carrera, Naiara Ferreras, Lola Mourón, Alejandra Vidal , Lia Fernandez, Andrea Sousa, Noa Vaz, Iria Rocha, Antia Carballo , Mara Fernandez,

Árbitros:Hugo Bello y André Pena

Incidencas: 6ª xornada da liga de Ouro infantil feminino , disputado no pavillón municipal de Almeiras .


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *