Saltar ao contido

Os nervios do BM Mármoles Rajú determinaron o partido

Este sábado o BM Culleredo Mármoles Rajú disputaba unha nova xornada contra o equipo de Carballo aspirante a Liga de Ouro, o Tubasys Xiria. Despois da cita da semana pasada os nosos chegaban con ganas de competir pero tamén cos nervios dun novo encontro.

O BM Culleredo Mármoles Rajú afrontaba un partido no que xa dende o inicio podíase apreciar por parte dos nosos os nervios, estes influíron tanto na defensa coma no ataque. A defensa sufría xa que había moitos desaxustes, tanto na orientación coma na colocación e nas axudas, no caso do ataque faltaba moito xogo sen balón, os apoios ao xogador con balón e houbo un exceso de bote. Todo isto fixo que no minuto 11 foran sete goles abaixo. 

Os cullerdenses víronse forxados a solicitar o primeiro tempo morto para corrixir todos estes aspectos e demostrar que lles podían competir de igual a igual. A partir deste momento o BM Culleredo Mármoles Rajú transformouse e conseguiu encadear boas accións tanto ofensivas coma defensivas. Estas provocaron que os nosos rapaces se meteran no partido e conseguiran ir ao descanso coa igualdade no marcador.

Tras o descanso saíron mentalizados do traballo que tiñan que facer e amosaron na fase ofensiva situacións de continuidade, pase e vai e penetracións da primeira liña xunto con situacións de balance defensivo nos momentos de inferioridade numérica amais da agresividade e control do rival. Todo isto propiciou que o BM Culleredo Mármoles Rajú se colocara 4 goles por enriba no minuto 34.

A pesar de todo o labor desenvolvido, nos últimos 3 minutos do encontro volveron os nervios o que levou á precipitación dos nosos nos lanzamentos, nos saques de portería e nos pases, cousa que aproveitou moi ben o Tubasys Xiria para finalmente conseguir gañar o partido.

Desta derrota convén aprender dos erros realizados durante o encontro para que non acontezan en vindeiras xornadas. 

Tubasys Xiria: 39 (20+19) Pedro Sánchez, Manuel Gil, Xabier Suárez, Robert Cereijo, Martín Blanco, Izan Cereijo, Xurxo Pereiro, Rodrigo Mata, Dani Rama, Xoán Fernández. Rubén Añón, Joaquín Nielsen, Leo Mira, Izan Pérez.

BM Culleredo Mármoles Rajú: 36 (20+16) Nicolás Morís, Omar Niane, Xabier Negreira, Leo Martínez, Rodrigo Martínez, Brais Curra, Xan Díaz, Nicolás Iglesias, Leo González, Ían Lois, Mateo Rodríguez, Adrián Carril, Adrián Prado, Fernando Seijas.

Colexiados: Daniela Suárez Antelo e Pablo Torreiro Barros

Incidencias: 2ª Xornada da Fase De Clasificación Liga Prata Infantil Masculino Grupo B. Partido disputado no Pavillón Vila de Noia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *