Saltar ao contido

UN BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING DE ALTIBAIXOS NON PODE IMPOÑERSE Á “SELECCIÓN” DO “BUENAS MIGAS” LUCEROS

Acudía o Buenas Migas Luceros a Culleredo o pasado sábado para disputar a segunda xornada da liga Ouro ante o BM.Culleredo Galaico Caravaning. O partido, que se disputaría no municipal de Tarrío, enfrontaría a dous equipos que liquidaron dous enfrontamentos moi esixentes na primeira xornada do campionato, polo que o envite, tornábase importante para dous conxuntos que desexan estar na parte alta da clasificación. O Buenas Migas Luceros está chamado a transitar polos pavillóns galegos coa presión do principal favorito, xa que é un equipo que suma un plantel con gran parte dos mellores xogadores galegos fichados desde outras canteiras, como pode ser o caso do cullerdense Xoán Canedo. En fronte, un BM.Culleredo Galaico Caravaning que vén de derrotar a domicilio a outro dos favoritos e de conseguir unha actuación sobresaliente no campionato de España cadete da pasada tempada cos que hoxe son os xuvenís de primeiro ano. A ambición do equipo por medirse e examinarse ante o enorme potencial dos de Morrazo era máis que evidente. O BM.Culleredo Galaico Caravanig aguantaría o pulso durante os primeiros vinte minutos (11-14), pero un primeiro parcial de 1-4 distanciaría aos foraneos a ata seis goles que lles ofrecía a tranquilidade dun colchón moi apetecible para manexar o seu antollo os tempos do envite. As rotacións ante a enorme profundidade de banco visitante, marcarían as primeiras diferenzas importantes para chegar ao tempo de descanso cun marcador moi favorable (13-21). O BM.Culleredo Galaico Caravaning xa non sería capaz de achegarse no marcador a pesar de tentalo con diferentes alternativas defensivas no segundo tempo e terminaría por diluírse un pouquiño máis a medida que pasaban os minutos e a fatiga facía acto de presenza. O Buenas Migas Luceros tería un segundo tempo de absoluto control sobre as diferentes fases do xogo e acabaría por conseguir os dous puntos nunha pista que será moi difícil para calquer adversario.

BM.Culleredo Galaico Caravaning: 30 (13+17). Mateo Basanta (P), Jorge Amor (P), Xurxo Méndez (p), Hugo Fariña, Adrián Aneiros, Iván Gantes, Aitor Fariña, Alexis Martínez, Jairo Candamio, Martín Casal, Alejandro Soto, Beltrán González-Camino, Teo Gómez, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez, Jacobo Soto.

Buenas Migas Luceros: 45 (21+24). Mateo Rosales, Dimitrije Doder, Gabriel Señoráns, Christian Ferradas, Simón Hernández, Xurxo Otero, Xabier Gallego, Sergio Costas, Beltrán González, Jacobo Lamas, Mateo Lago, Oscar González, Jorge Varela, Xoán Canedo.

Parciais cada 5´: 3-4 / 5-8 / 9-11 / 11-14 / 12-18 / 13-21 / DESCANSO / 16-27 / 20-30 / 23-34 / 25-39 / 26-42 / 30-45 / FINAL

Árbitros: Andrés Pedreira e Renzo Martín Díaz.

Incidencias: Partido da segunda xornada da Liga Ouro xuvenil nun polideportivo de Tarrío que rexistroiu unha boa entrada.

Fotos Do encontro: https://photos.app.goo.gl/PpXFwjKKTm6qBnF8A

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *