
O BM.Culleredo recibía ao Bueu ATL.BM o pasado sábado en Almeiras no contexto da Copa Galicia, no que sería primeiro test de pretemporada para ambos os conxuntos. Os cullerdenses, predicando co exemplo da súa aposta pola canteira, reúnen este ano un plantel 100% formado na base do club cunha media de idade que non chega aos veintiun anos. Concretamente, neste primeiro exame da tempada ante o Bueu, o equipo quedaba por baixo da media de vinte anos con catro xuvenís convocados, tres deles que realizaban o seu debut co conxunto senior: Hugo Bregua e Adrián Aneiros de dezasete anos e Teo Gómez e Martín Casal, con tan só dezaseis. esta aposta pola mocidade ofrece descaro, ilusión e poder identitario ,pero tamén ten o hándicap da inexperiencia e a diferencia física e tec-tac con algúns equipos. Todos estes factores víronse reflectidos nun primeiro enfrontamento que tivo dúas caras ben diferenciadas para os locais: a primeira, cunha saída descarada e atrevida onde o ritmo exposto igualaba a intensidade dos visitantes e o equipo tomaba a dianteira e a segunda, onde o maior sentido táctico do conxunto de Bueu, conxuntamente cunha superioridad física evidente, superaba con facilidade aos locais en todas als fases do xogo. Deste xeito, pasábase dun marcador contido no primeiro acto (13-17) a un resultado final amplo e incontestable (24-37). O o seo o BM.Culleredo ése consciente de que construír a miúdo é o máis ingrato e que leva tempo asentar as bases dun equipo tan novo, pero, sabedores de que haberá que sufrir a medida que se constrúe, o proxecto de aposta polos máis jovenes é innegociable. O equipo deberá de crecer nos aspectos físicos individuais, tanto na resistencia como, sobre todo, en ir aumentando os seus niveis de forza, tan indispensable neste deporte. Paralelamente, os conceptos TEC-TAC terán que ir da man e neste apartado, a mellora nunha defensa que tende a ser proactiva será clave para poder suplir a diferenza física e dar o primeiro paso á velocidade na transición. No ataque posicional é onde parece que hai un maior traballo por diante para que o equipo adquira maior rigor táctico co obxectivo de atopar situacións máis claras de gol. Para iso, a paciencia á hora de dar continuidade ás accións e de explotar as zonas e os carrís que representan a máxima anchura do campo, serán esenciais. A pretemporada non para e a semana que vén antóllase esixente con dous partidos de alto nivel, o primeiro ante o OAR (Mércores 19:00h pavillón Santo Francisco Javier) e o segundo ante o Calvo Xiria en Carballo (Venres 21:00h pavillón Vila De Noia).
BM. Culleredo: 24 (13+11). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Marco González (P), Adrián Díaz (2), Marcos Regueiro (4), Alejo Martínez (2), Adrián Aneiros (1), Hugo Bregua (2), Roi García, Iván Sánchez (2), Marco García (1), Teo Gómez (2), Martín Casal (1), Nuno Loxo (5), Nico Casal (1), Adrián Veira (1).
Bueu Atl. Balonmán: 37 (17+20). Julio José Ferreiro (P), Martín Cadilla (3), Lois Alonso (4), Hugo Pérez, Carlos Costa (2), Pablo Gándara (2), Marcos Martínez (2), Roque Arias (1), Diego Pérez (10), Jose Camiña, Enrique Lorenzo, Matías Gestido, Brais López (3), Samuel Seijas (2), Rubén Augusto (1), Asier Cerqueira, Adrián Suárez (7).
Parciales cada 5 ́: 3-3 / 5-4 / 9-7 / 9-10 / 13-13 / 13-17 / Descanso / 16-19 / 18-24 / 20-28 / 22-31 / 22-35 / 24-37 / Final.
Colexiados: Pablo Torreiro e André Pena.
Incidencias: Encontro correspondente a Copa Galicia e primeiro partido desta pretemporada 2026/27. Partido disputado nun polideportivo de Almeiras cheo hasta os topes e presenza de siareiros de ambos os conxuntos.
