Saltar ao contido

A primeira metade e suficiente para lograr o triunfo

A penúltima xornada de liga enfrontounos ao CP Lucense no municipal de Tarrio.

Unha primeira metade cun nivel defensivo brillante , saidas rápidas nas transicións e madurez no ataque posicional foi suficiente para matar o encontro.Nos primeiros 30 minutos o marcador amosaba un abultado 21-11 a favor dos cullerdenses.

No 2° tempo comezouse con intercambio de goles entre ambos conxuntos. A partires do minuto 15 o equipo cullerdense comezou a errar lanzamentos claros dende 6 metros , perdas de balón impropias destes xogadores que permitiu aos Lucenses reducir a vantaxe sempre sen poñer en perigo os 2 puntos tan valiosos.

Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.30(21+9):Hugo Díaz,Mateo,Iago,Hugo Bermudez,Jairo,Teo Gómez,Hugo Rodríguez,Roi,Fabián, Adrián, Jorge,Xoan,Hugo Bregua,Diego,Alexis e Teo López.

Millaven CP Lucense.22(11+11):Miguel,Álvaro,Héctor,Martín, Adrián,David,Hugo,Rodrigo,Víctor,Brayan,Adrián,Alejandro,Andre,Amir.

Colexiados:Pablo Torreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *