
O sábado recibían as cadetes do Canosa Abogacía ao Bm Caselas, primeiras na táboa, en Almeiras.
O Canosa iniciaba o encontro con boa actitude ofensiva aínda que non estaba a ter a mesma na defensa, a relaxación no repregue condicionou os primeiros minutos creando unha diferencia no marcador díficil de recortar. Tras un tempo morto a actitude cambiou e comezaron a ser máis resolutivas no ataque na primeira línea e máis duras na defensa, evitando tamén as situacións de cotraataque.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 10 - Javucho Publicidade Bm Caselas 13.
No inicio da segunda metade volveron as cullerdenses sufrir un altibaixo, e as perdidas no ataque supuxeron o aumento de novo da distancia no marcador. Aínda así as nosas rapazas non baixaron os brazos e tras conseguir penetracións polas zonas laterais volvían ao partido. A defensa consolidouse, e aínda que se cometeron erros na zona central e na escasa realización de axudas, foron contundentes e deron un pasiño ao frente en comparación a encontros pasados.
Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 26 - Javucho Publicidade Bm Caselas 30.
Parciais cada 5´: 1-5/ 1-7/ 2-8/ 4-11/ 7-12/ 10-13 // 11-18/ 14-20/ 16-22/ 22-27/ 24-27/ 26-30.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Aldara Allegue, Alba Romero, Aroa Bestilleiro, Carmen García, Cintia Míguez, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.
Javucho Publicidade Bm Caselas: Antía Martínez, Andrea Álvarez, Marina Gude, Martina González, Lucía Figueroa, Antía Fernández, Adriana Borras, Elena Carrera, Hannah Framiñan, Julia Lemos, Lara Ferreira, Berta Gregores, Alba Besada, Elena Barreiro.
Árbitra: Rubén Sánchez.
Incidencias: Xornada 6 da segunda fase da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputada no Pavillón Municipal de Almeiras.
