
Enlace Do Partido: Chiringo Duna Bueu Atlético BM vs BM Culleredo Ares y Fuertes | Streaming Partido Infantil Masculina
O BM.Culleredo Ares y Fuertes non puido derrotar ao Chiringo Duna Bueu Atl. BM a domicilio e caeu pola mínima nun encontro marcado pola inoperancia defensiva de ambos os conxuntos. A importancia transcendental das defensas no balonmán fíxose moi evidente no partido de hoxe e é que, aínda que as diferenzas nunca foron grandes a favor dos locais, estes terminaron prácticamente todos os seus ataques finalizando con lanzamento a portería. Nun intercambio de "golpes" durante os cincuenta minutos, os budetenses sairían vencedores pola súa maior facilidade á hora de finalizar, debido á diferenza de quilos e centímetros. Os ataques do conxunto de Culleredo debían de ser máis elaborados ante tal diferenza física e no momento que non se atopaba porta, os locais definían de forma sinxela ante a portería defendida por Jorge para levar a iniciativa durante todo o partido. A primeira parte xa terminaría cun marcador que ben podería reflectir o resultado final (25-22), pero aínda quedaban outros vinte e cinco minutos nos que nin locais nin visitantes lograrían axustar o traballo na fase defensiva. O conxunto de Culleredo sufriría durante os cincuenta minutos, faltos de intencionalidade nas difíciles situacións de 1x1 ante xogadores de maior talla e peso, pero o maior problema xurdía da ausencia de axudas e o talante indolente ante este concepto despois de verse superado un compañeiro. Con todo, o esforzo competitivo do BM.Culleredo Ares y Fuertes sería constante ata o asubío final e iso reportaría un último gol para reducir a diferenza á mínima expresión e non perder o golaverage particular entre ambos os equipos.
Chiringo Duna Bueu Atlético Balonmán: 47 (25+22). Mateo Rodríguez, Fernando M. Fdez, Martín Cerviño, Miguel Beloso, Mario Villanueva, Goro Couso, Lolo Villanueva, Alberto Calvo, Anxo Lemos, Javier Alexander Girón, Hugo Ríos, Bosco García, Hugo Sobral, Iago Durán e Noé Nores.
Bm Culleredo Ares y Fuertes: 46 (22+24). Jorge García Serantes (P), Ian Lois (P), Hugo Fariña, Pedro Orge, Aitor Fariña, Marco Sesar, Mauro López, Leo Cobas, Nicolás González, Jorge García García, Roi Romero, Pablo Cacheiro, Mario Prada.
Árbitros: Carlos Alonso e Daniel Cancelas
Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada da Liga Ouro infantil masculina e disputado no municipal Pablo Herbello de Bueu.
