Saltar ao contido

DOMINIO DO FISIOTERAPIA PERO SUFRINDO ATA O FINAL

Encontro aprazado da xornada 3 da fase polo título da liga prata onde as nosas guerreiras viaxaban con moitas baixas a Cañiza un conxunto que está a crear moitos problemas os rivais sobretodo pola súa dura defensa. Pero isto non amilanou as nosas que sairon moi centradas sobretodo a nivel defensivo , a intensidade e disposición do 6:0 foi moi boa, pese a que o final encaixabase o gol , a defensa estaba a crear problemas ao ataque do equipo local , que lle costaba encontrar o éxito, as disuasións e a profundidade defensiva estaba a dar sus frutos . Mentres na fase ofensiva nos primeiros compases o gol chegaba moi pronto en apenas 10 seg o equipo xa estaba para defender e poder recuperar o balón. Pouco a pouco conseguise unha pequena ventaxa de 2-3 incluso ata 4 pero non se puido romper máis, unha serie de fallos no ataque e o acerto do rival , poñian o marcador máis apretado e o Fisioterapia Benestar non daba roto o encontro na primeira parte que acabaria en +2 para o equipo cullerdense.

Resultado o descanso : Clínica Dental Jose Luís 8- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 10

Resultado moi curto a nivel ofensivo pero quizais o balón non acompañaba moito para os dous equipos xa que se reflexaban numerosas pérdidas .O encontro continuaba e o nivel de intensidade por parte da defensa cullerdense subiu , as disuasións e os impares xurdiron, a coordinación entre postos colindantes creceu e isto fixo que de novo o equipo cullerdense collera una diferencia de +4 . O encontro estaba encarrilado pero as superioridades númericas do Fisioterapia Benestar non estiveron acertadas , isto fixo perder certos balóns o final do encontro e práticamente poñer entre as cordas ao equipo cullerdense no último tramo . Por sorte a falta de 10 segundos o Culle conseguiu poñerse a 2 goles e cerrar o encontro para levarse os dous puntos para Culleredo es poñerse lider do grupo pola loita polo título . Noraboa.

Resultado final : Clínica Dental Jose Luís 20- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 22

Clínica Dental Jose Luís Bm Cañiza(8+12): Zaira Castro,Lucía Pereira, Marola Perez, Lola Rodriguez, Karla Rodriguez,Maria Giraldez,Karla Rodriguez,Laura Loira, Maria Rodriguez, Aroa Alvarez.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar(10+12): Aldara Piñeiro, Leire Barbeito, Maria Otero, Lola Romero, Paula Peteiro, Antía Fernandez, Rosalia Veiga, Claudia Soto, Carmela Erias y Daniela Pérez

Árbitro: Alfonso Canitrot

Incidencias: Encontro aprazado da xornada 3 , disputado no pavillón municipal de A Cañiza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *