
Onte desprazáronse as rapazas cadetes do Canosa Abogacía a Redondela.
O partido iniciou cun ritmo baixo por parte de ambos conxuntos, aínda que as cullerdenses a través dunha serie de permutas e accións coa pivote conseguían adiantarse no marcador. A Sar pola súa parte non estaba moi acertada nos lanzamentos, mais si que estaba a ser sorpresiva nas subidas en contraataque.
Resultado ao descanso: Sar Impernoroeste 12 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 16.
A pesares da vantaxa coa que as nosas iniciaban a segunda metade, as perdidas de balón e os erros de lanzamento durante os primeiros dez minutos pasáronlles factura, logrando as rapazas da Sar recortar distancia. A nivel defensivo os erros nas axudas e zonas de pivote perxudicáronnos e aínda que non foi un mal encontro do Canosa Abogacía, o resultado é un pouco agridoce, escapándoselles a vitoria por certos detalles que hai que corrixir para poder seguir dando pasos hacia diante.
Resultado ao final: Sar Impernoroeste 26 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 25.
Parciais cada 5´: 2-3/ 4-5/ 5-7/ 7-10/ 10-14/ 12-16 // 14-19/ 18-20/ 19-20/ 22-22/ 24-23/ 26-25.
Sar Impernoroeste: Emma Yozia, Emma Troncoso, Aloia Fernández, Antía Collazo, Paula Sanromán, Zaira García, Ainhoa Covelo, Alma Otero, Sabela Figueira, Ainhoa Mo, Daniela Cerqueira, Antía Luis.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.
Árbitra: Sara Gómez.
Incidencias: Xornada 4 da segunda fase da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputada no Pavillón Municipal de Redondela "A Bombonera".
