
Montaxes Carballo Xiria vs BM.Culleredo Despreocúpate.es: [PLAY OFF CAD. MASC.] MONTAXES CARBALLO XIRIA vs BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES
Valinox Novás vs BM.Culleredo Despreocúpate.es: [PLAY OFF CAD. MASC.] VALINOX NOVÁS - BM. CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES
U.B. Lavadores vs BM.Culleredo Despreocúpate.es: [PLAY OFF CAD. MASC.] U.B. LAVADORES VIGO - BM. CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, afrontaba esta pasada fin de semana unha cita transcendental no Play-Off da categoría cadete. Desde o Venres ata o Domingo, os cullerdenses xogarían o obxectivo de conseguir billete para disputar esta tempada a máxima competición autonómica; a liga Ouro. O grupo "C" destes Play-Off, a disputarse no pavillón Vila De Noia de Carballo, poñía en liza aos equipos do U.B. Lavadores de Vigo, o Valinox Novás do Rosal e o anfitrión, Montaxes Carballo Xiria que acompañaban ao BM.Culleredo Despreocúpate.es por conseguir un dos dous postos que daban acceso a disputar a máxima competición autonómica da categoría. Nun grupo tan complexo, os cullerdenses acabarían por impoñerse de forma clara aos seus rivais, realizando tres partidos moi serios e liquidando o grupo con clara suficiencia. O equipo, tan só presentou momentos de dúbidas no primeiro partido ante o conxunto organizador, cando no segundo acto e despois de alcanzar diferenzas de ata dez goles (5-15), vía como o seu rival se colocaba a tan só un gol a falta de poucos minutos. Sería o momento máis crítico dos cullerdenses que, unha vez liquidado, non volvería mostrar sinal de dúbidas en ningún dos encontros posteriores. De feito, a falta do último e definitivo partido ante o conxunto olívico do barrio de Lavadores, os mozos de Culleredo xa conseguiran o billete para disputar a liga Ouro 2025/2026, despois de derrotar nas dúas primeiras xornadas a Xiria e Novás. Destacar o bo nivel competitivo de todos os xogadores e, especialmente, a actitude e seriedade á hora de afrontar os encontros desta importante cita. Agora, espera o inicio da liga Ouro a próxima fin de semana, que presenta emocións fortes desde o comezo cun derbi en Culleredo recibindo ao BM.Línea 21.
Polo BM.Culleredo Despreocúpate.es, estiveron presentes nesta cita os seguintes xogadores:
Mateo Basanta, Xurxo Méndez e Iago Bolaños como porteiros, ainda que este último acudíu a o primeiro encontro pero non puido disputar ningún partido por mor dun proceso febril. Esperemos que xa poida estar co equipo a pleno rendimento para o inicio da competición de liga.
Javier Orge, Iván Gantes, Teo Gómez, Alexis Martínez, Alex Soto, Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Aarón Beade, Guillermo Blanco e Jacobo Soto, como xogadores de campo, aínda que este último non puido acudir ao derradeiro partido por proceso gripal..
