
Comezaba a definitiva segunda volta da segunda fase que dirá quen é o equipo campión de prata na categorái cadete feminino.
O Fisioterapia Benestar visitaba a S.D Teucro nun encontro que estaría marcador por unha montaña rusa, xa que o equipo visitante comezaria dominando o encontro pero non con moita diferencia, moitas dudas a nivel defensivo e certas zonas do xogo , isto facía meterse no encontro o equipo local . Momentos de regularidade facía que o equipo tivera ventaxas de ata 6 goles pero moitos fallos de lanzamento e o fallos defensivos individuaís contemplaban que o equipo local acercárase ao marcador pero aínda asi había unha diferencia de 3-4 goles.
Resultado ao descanso: S.D Teucro 13- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 17
Na segunda metade o equipo cambiou a intensidade e actitude defensiva, a defensa 5:1 con Maria Otero no avanzado estaba a ser una pesadilla para o equipo visitante que non encontraba forma de superar a defensa cullerdense . Unha defensa que propiciaba grazar as intencións defensiva as interceptacións e contrataques en primeira oleada . Todo esta cambio de actitude colectiva propiciaba que o Fisioterapia Benestar alexára do marcador ao equipo local e consguía a base dun esforzo enorme unha longa ventaxa que xa non deixaría escapar .
Moita irregularidade na primeira metade pero un paso de xigante na segunda. Seguimos co aprendizaxe que non podemos esquecer para poder seguir sumando pouco a pouco.
Resultado final: S.D Tecuro 22- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 36.
S.D Teucro(13+9): Adela Sixto , Susana Infante, Angela Bouzas, Gala Dacosta, Martina del Carmen, Lucia Perez,Irene Lopez,Mariña Omil, Cayetana Alvarez, Aloia Bugarin
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar (17+19): Sara Fernández, Maria Otero, Sofía Meijide, Antía Ferreño, Rosalia Veiga, Claudia Soto,Alba Fernández, Lola Romero, Irene Rodriguez,Carmela Erias, Noa Otón , Aitana Gestal
Árbitros: Oscar Baltar y Mateo Gómez.
Incidencias: Xornada 3 da segunda fase da liga cadete feminina , disputado no pavillón municipal da Xunqueira.
