
O Canosa Abogacía viaxaba onte a Tui para xogar o primeiro partido de volta desta segunda fase da Liga prata.
O partido comezou cun Abogacía froxo en ataque ante a defensa 6:0 das do Tui. A falta de xogo colectivo e as presas polo gol facilitaban o traballo defensivo das rivais, interceptando varios balóns e obtendo recuperacións por pasos ou perdas nos pases. A medida que avanzaba a primeira parte as rapazas do Tui pasaron a defensa 5:1 e cunha serie de transformacións da central e lanzamentos desde extremos o Canosa conseguía meterse no encontro.
En defensa as nosas rapazas saíron en 5:1, e a pesares de que a xogadora avanzada estaba dificultando a fluidez do ataque do Tui e incluso interceptando unha serie de pases, non estiveron moi acertadas nas axudas e basculacións da zona central, sufrindo tamén cos lanzamentos exteriores da lateral esquerda.
Resultado ao descanso: Tuisaude Balonman Tui 16 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 8.
O inicio da segunda metade foi moi malo, o Abogacía non estaba a ter a actitude adecuada, presentando unha defensa completamente rota, circunstancia que o Tui non dubidou en aproveitar para poñerse ata quince goles por riva das nosas rapazas. Aínda así, tras un tempo morto, cambiaron radicalmente a actitude, pasando en defensa a facerlle unha mixta a xogadora central do Tui, e por momentos a lateral esquerda tamén. As demáis xogadoras acompañaron a intensidade, conseguindo interceptar moitos pases e reducir os lanzamentos das rivais considerablemente, o que foi clave para reducir a distancia no marcador e apretar as rivais.
Na parte ofensiva o Canosa seguíu aproveitando as transformacións, esta vez de extremo, e cunha serie de cruces sobre as zonas central-lateral e a coordinación coa pivote conseguiron finalizar moitos destes ataques en gol. O ritmo de xogo foi moi bo nos últimos minutos, xerando situacións claras e subindo varios contraataques, o que conseguía reducir considerablemente a distancia no marcador.
Partido inestable das rapazas do Culleredo, as cales foron de menos a máis, rematando a unha alta intensidade, sobre todo a nivel defensivo. Este próximo fin de semana non xogan, polo que toca seguir traballando estas dúas semanas para conseguir manter ese nivel durante todo o partido e solventar algún que outro erro.
Resultado final: Tuisaude Balonman Tui 33 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 25.
Tuisaude Balonman Tui: Melina Rodríguez, Aynara Rodríguez, Lucía Figueroa, Adriana Borras, Telma López, Carla Giraldez, Antonela Díaz, Marta Castiñeira, Lorena Vaz, Mara Fernández, Alejandra Martínez, Lara Vaz, Isabel Pérez.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Martina Arroyo, Sara Bello, Antía García, Cintia Míguez, Eva Outon, Daniela Pérez, Aldara Piñeiro, Alba Sanmartín, Simona Seo, Thais Villaverde.
Parciais cada 5´: 2-1/6-2/10-5/14-6/14-7/16-8//19-10/25-10/27-13/29-16/33-19/33-25.
Árbitro: Juan Lampón.
Incidencias: Xornada 4 da Segunda fase da Liga prata cadete feminina na loita polos postos 9º-12º, disputada no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez.
