
Na 2ª xornada de Liga Ouro , o BM.Culleredo Remax Riazor visitaba a sempre difícil pista da A.D Carballal. Desde o inicio do encontro, os cullerdenses non foron capaces de despregar o seu xogo dinámico, veloz e colectivo e tampouco a solvencia que nos teñen acostumados na retagarda e que axuda as rápidas transicións tras recuperación. A pesares de non amosar a súa mellor versión, o conxunto de Culleredo sempre sería dominador no marcador e chegaría ao descanso cunha vantaxe cómoda de 5 goles.
Na reanudación e tras o paso polos vestiarios , o equipo Cullerdense continuaría sen sentirse cómodo, sen atopar as mellores sensacións e sen afianzar o seu xogo defensivo, feito que aproveitarían os olívicos para achegarse no marcador de xeito perigoso e reducir a distancia ata a mínima expresión. Chegábase ao meridiano do segundo acto con moitas dudas por parte do Remax Riazor e cos mellores momentos dos locais, pero unha breve reacción do conxunto de Culleredo, con dúas boas defensas e saídas rápidas ao contraataque, servirían para coller novos folgos e unha renda de 4 goles. Esto posibilitaría que o final de partido fose un pouco máis tranquilo e non correse perigo a vitoria e, polo tanto, os dous importantes puntos en xogo nunha pista tan complicada.
Autocaravanas Van &Fun A.D. Carballal :23(10 + 13). Teo Méndez, Nicolás Vila, Yago Lopez, Xoel Malfaz, Víctor Rodríguez, Anxo Barciela, Bruno Veiga, Carlos Barciela, Bruno Pérez, Alex Lage, Lucas, Hermida, Andrés Rodríguez.
Bm.Culleredo Remax Riazor :27(15 +12). Marco González,Hugo Diaz, Alejo Martínez, Adrián Veira,Nicolás Casal, Atalo Bello, José Miguel Martínez, Bruno Pardo, Samuel Seijas, Antón Pérez, Roi Fernández, Iván Sánchez, Aaron Blanco, Jorge Outón, Anxo Negreira e Xoán Canedo.
Parciais cada 5 ‘ : 1-2 / 3-5 / 6-8 / 8-9/ 8-12 / 10-15 / DESCANSO / 12 -16 / 15-17 / 17-20 / 20-23 /
20-24 /23-27 / FINAL.
Colexiados : Sergio Murillo y Jonathan Rodríguez.
Incidencias : Encontro correspondente a 2° xornada da Liga Oro disputada no pavillón de Carballal ante un bo número de siareiros locais e moita xente desprazada dende Culleredo.
