Saltar ao contido

UN PASO MÁIS PARA O REMAX RIAZOR

Outro pasiño máis para poder acadar o obxetivo marcado a comezo do ano, chegar a Final Four para poder competir por unha praza no campionato estatal .

Onte o Remax tiña un rival compricado , un rival que viña de non perder nesta segunda fase , gañando o seus encontros con determinación , pero enfronte estaba o Remax Riazor ,un equipo que poderá ter altibaixos en certos momentos pero un equipo que é moi dificil gañarlle.

Comezaba o encontro con igualdade no marcador , erros de lanzamento no equipo local forzados pola boa defensa e fallos de circulación de balón por parte do Remax Riazor nos primeiros compases do encontro ,

Co paso dos minutos o equipo cullerdense foise asentado no encontro , conseguindo ter unha boa solidez defensiva que ia a ser unha das craves do encontro. A defensa 6:0 comandada por Jaime Serrano estaba a ser moi solida , sen filtracións no 1x1 e nos espacios libres. Só os lanzamentos errados polo Remax Riazor estaban a dar unha igualdade . Pero a iguladade ou as pequenas ventaxas non ian durar moito, o Remax Riazor pisou o acelerador a todos os niveis e comezaron a xurdir os contrataques ou transicións rápidas. O ataque ante a 5:1 que foi cambiada ante o sistema inicial 6:0 estaba a facilitar o ataque cullerdense que acababa a primeira parte cunha diferencia de 7 goles a favor .

Resultado o descanso Reconquista Vigo 12- Remax Riazor 19.

Con esta diferencia para empezar a segunda metade, o Remax Riazor non o dudou , foi a por todas e cunha gran intensidade a nivel defensivo cunha defensa 5:1 moi agresiva comezou a romper o encontro indiscriminadamente,interceptacións, contrataques, transicións .... o Remax Riazor estaba desataca e o Reconquista parecía que non as via vir. A dinámica defensiva e a velociade no ataque estaban a dar unha gran ventaxa no marcador de máis de 15 goles.

Tan só 10 goles recibidos na segunda parte por parte do Remax Riazor faino lider do grupo por acadar unh praza no Play Off.Esta foi unha das craves do encontro , a solidaridade e esforzo nesta fase foi determintante para que o equipo alzarase cunha contundente victoria ante un rival invicto .

Noraboa pero como sabedes ainda queda moito por diante, agora toca seguir adestrando na semana santa que como non os xogadores tomaránse un respiro e terán uns dias de desncanso

Forza Culle.

Resultado final: Bm Reconquista 22- Bm Culleredo Remax Riazor 40.

Bm Reconquista Vigo: Breixo Alvarez, Anxo Vázquez, Juan Fernado Requejo, Gael Callero, Mario Martinez, Jacobo Lamas, Anxo Rodriguez, Miguel Estevez, Mario Tourón, Simón Vazquez, David Alvarez,Nicolas Fernandez

Bm Culleredo Remax Riazor: Hugo Díaz, Hugo García, Hugo Rodriguez, Xoan Canedo, Jorgre Outón, Jaime Serrano , Diego Piñeiro, Xoan Bello, Teo López, Iago Allegue , Roi Fernández, Fabián Manzo.

Parciales cada 5`: 2-1/5-4/7-8/9-11/11/14/12-19/14-22/14-25/15/28/17-31/20-36/22-40

Árbitros:Inocencio Pérez y David González.

Incidencias:Xornada 3 da segunda fase polos postos 1º-6º , disputado no pavillón municipal de A travesas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *