Saltar ao contido

Encontro regular do Climanosa

O Climanosa enfrontábase ao Ribadosar de Santiago,o penúltimo clasificado da liga regular do grupo C.

O encontro comezaba cunha superioridad por parte do equipo cullerderdense, onde na fase defensiva estaba a ser ferreo e práctico , pechando o centro da defensa e provocando accións en zonas menos eficaces onde os lanzamentos eran errados o parados por Xurxo Méndez.

Na fase ofensiva o Climanosa realizaba unha proposta de velocidade de balón para poder superar a defensa 6:0 do equipo visitante.Esta velocidade e circulación de balón estaba a dar bó rédito a fase ofensiva.

O resultado o descanso 16-3 .

Na segunda metade a tónica do encontro foi a mesma , o Climanosa conseguindo a solidez no sistema 5:1 na fase defensiva e na fase ofensiva a continuar coa velocidade e circulación de balón, uns patróns básicos que nestas idades deben de ir da man do aprendizaxe.

Bó encontro en xeral do Climanosa onde vaise vindo pouco a pouco a mellora individual e colectiva, onde algún xogador proba diferentes postos para ir acumulando experiencias.

Felicidades pola victoria Climanosa.

Forza Culle

Resultado final: Bm Culleredo Climanosa 32- Bm Ribadosar 9.

Bm Culleredo Climanosa(16+16): Iago Bolaños, Xurxo Méndez, Antón Méndez, Beltrán Gónzalez, Guillermo Blanco, Jacobo Soto, Hugo Jimenez, Roi Palmeiro, Samuel Costa.

Bm Ribadosar(3+6): Damián Alvarez, Manuel Ledo, Yago Figueira, Daniela Dubra, Asier Casais, Aran Carracedo, Fabian Pajaro, Alejandro Blanco,Rodrigo Gomez, Noa Vietes, Juan Mosquera,Rodrigo Gomez.

Parciales cada 5`: 3-0/7-0/10-1/14-1/16-3/descanso/18-3/23-5/28-6/30-8/32-9

Árbitros: Jose Miguel Fiuza

Incidencias: Xornada 14 da liga de prata infantil masculina , disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *