Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, FIRMA O PEOR PARTIDO DA TEMPADA

Decepcionante encontro o disputado esta mañá no pavillón de Mesoiro por parte do BM.Culleredo Remax Riazor. Os cullerdenses, que xa mostraron un quecemento deficiente antes do asubío inicial, completaron sesenta minutos cunha actitude impropia e moi lonxe do carácter competitivo que debe de mostrar un grupo. A indolencia na retagarda, a escasa concentración e a falta de intensidade, facilitaron moito as cousas ao ataque local, que con varios infantís na pista, ruborizaron en numerosas ocasións á retagarda cullerdense. A vitoria, que se consegue pola gran diferenza física que hai entre un e outro equipo, vólvese amarga pola falta de actitude e de sentido colectivo en moitas fases do xogo.
O conxunto de Culleredo deberá de dar un xiro de 180° nas próximas datas se desexa alcanzar cotas máis altas e obxectivos ambiciosos ante os mellores conxuntos da categoría.

BM.Línea 21 Reformas Coruña S.L: 20 (10+10). Adrián Veiga, Mateo Curto, Diego Franqueira, Víctor Pérez, Mateo Couce, Miguel Montesino, Hugo Bello, Brais Garrido, Miguel Álvarez, Isaac García, Uxío García, Javier Lois, Alejandro Vilariño, Derk Ortíz, Marko Valcarcel.

BM.Culleredo Remax Riazor: 50 (26+24). Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Jorge Outón, Iago Allegue, Fabián Manzo, Teo López, Xoán Bello, Jaime Serrano, Hugo Rodríguez, Xoán Canedo, Diego Piñeiro, Roi Fdez.

Parciais cada 5´: 1-4 / 2-8 / 3-11 / 3-16 / 6-22 / 10-26 / Descanso / 12-29 / 14-36 / 16-39 / 18-44 / 20-49 / 20-50 / Final.

Colexiados: Nivolás Vázquez e José Miguel Martínez.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 6 no grupo C da Liga Prata e disputado nun municipal de Almeiras abarrotado de público de ambas as aficións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *