Saltar ao contido

EXEMPLAR SEGUNDA PARTE DO BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING PARA IGUALAR A CONTENDA

Este pasado Sábado, visitaba Tarrío o Vayro Lalín da categoría cadete. O encontro prometía fortes emocións e é que os dous equipos situábanse na clasificación empatados a 12 puntos, os cullerdenses ocupando a terceira praza e os dezáns a cuarta. Despois dunha primeira parte moi deficiente do Galaico Caravaning e que ao longo dos trinta minutos dominaría con autoridade e a pracer o conxunto de Lalín, o mellor para a parroquia local estaría por chegar nun segundo tempo repleto de actitude, intensidade e crenza por parte dos mozos de Culleredo. O cambio sería radical nun equipo que se víu superado no xogo e no marcador polos dezáns, que se marchaban ao tempo de descanso cunha cómoda vantaxe favorable (16-20).
A reanudación en cambio, presentaría ao Galaico Caravaning máis competitivo e cunha intensidade defensiva maior. Iso levaría ao conxunto de Culleredo a ir recortando aos poucos eses catro tantos de desvantaxe e conseguir un meritorio empate no último suspiro da contenda (36-36).

BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING 36 (16 + 20) - VAYRO LALIN 36 (20 + 16).

BM.Culleredo Galaico Carvaning: Hugo Nodar (Portero), Hugo Bregua, Alex Tajes, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Jorge Amor (P), Jairo Candamio, Víctor Laya, Pablo Ares, Hugo Bermúdez, Mateo Negreira, Diego Rodríguez, Teo Gómez.

Parciais cada 5´: 4-4 / 6-6 / 7-9 / 9-14 / 13-16 / 16-20 / Descanso / 21-23 / 23-25 / 26-27 / 30-31 / 32-33 / 36-36 / Final.

Colexiados: Paula Peteiro e Iván Alfonso Pazos.

Incidencias: Encontro correspondente a 10ª xornada da liga Prata Cadete (Grupo C) disputado no municipal de Tarrío. Bo ambiente nas bancadas de ambos os dous equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *